VI REPICHOCA DAS PONTES

Posted: 13 abril, 2009 in Outros temas
Etiquetas:
 
VI REPICHOCA
 
 
Domingo, 26 de Abril
 
 
Un ano mais vense a celebrar a xa consagrada REPICHOCA pontesa, imos xa po la VI edición. Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendirlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideramos dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.
Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde transformaríase en charanga na cal segue activo a día de hoxe.
 
A programación de dito acontecemento constará dos seguintes actos:
 
- As 13 horas xuntarémonos po los arredores do parque do Campo da Feira para ir tocando ata a Fraga po las distintas rúas da Vila.
 
- As 14 horas xantar no local do pulpo de A Fraga donde se degustará o seguinte menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ……(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 11 para os nenos menores de 11 anos). Para elo están a venda os tikes correspondentes.
 
- As 16 horas lectura dun escrito adicado o homenaxeado.
 
- E de seguido Repichoca a esgallo, ata que os corpiños aguanten.
 
 
 
 
 
Para quen non coñeza o entorno do parque da Fraga de As Pontes, aí van unhas fotos actuais:
 
Lugar da celebración da VI Repichoca
 
 
A Fraga Nova
 
 
Rio Eume
 
 
Paseo Fluvial
 
 

Paseo Fluvial
 
 
Se chove, estaremos a cuberto
 
 
 A Fraga Vella
 
O video que aparece mais abaixo foi grabado no ano 2004 con motivo da celebración da 1ª Repichoca.

 

 

     

 
Non esquecedes que calqueira se pode apuntar e participar, vide a disfrutar con nos e traede os instrumentos. 
 
Os interesados deberán contactar con:
 - Benito
 - Jaime
 - José Manuel
 
Teléfonos de contacto: 654164018 – 619571961
 
 
Na seguinte ligazon podese ver a Publicación que fixeron en Amigus o día 14 de Abril do 2009.
 
 
 
 
 
 
 

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s