Monthly Archives: Abril 2008

Cartel commemorativo da V Repichoca

 

Cartel commemorativo par a ocasión. Adolfo en primeiro plano facendo o que lle gusta, nas fotos pequenas podense apreciar diferentes etapas da carreira de este músico gaiteiro e palleteiro.
 

 

 
 
 
 
 
 

V Repichoca Vila de As Pontes

 
O vindeiro sábado, 3 de Maio, celebramos a V Repichoca Vila de As Pontes. Aproveitamos a ocasión para homenaxear ao gaiteiro e palleteiro Adolfo Pena.
O xantar será no local do pulpo da Fraga as 14:30 horas.
Os grupos xuntaranse alí o mediodía

¿QUENES SOMOS?

No Cómbaro

(Música de Taberna)

O grupo de Música Tradicional No Cómbaro fórmase en As Pontes (Coruña) no ano 2003, empezando a súa traxectoria como Cuarteto Tradicional con dúas gaitas, tambor é bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como son a zanfona, a frauta traveseira e o clarinete hasta completar a formación actual composta por oito membros.

Os inicios das nosas actuaciones foron coas Alboradas e os Pasarrúas, recorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra.

Participamos tamén en festivales na nosa localidade e arredores. Desprazámonos no ano 2006 ata a Bretaña francesa (Lesneven) en representación da nosa Vila, participamos no ano 2007 no 6º festival folclórico de Rio Tinto (Portugal), no ano 2010 asistimos as “III Jornadas de Música Tradicional del Bierzo”, no 2011 viaxamos a Andalucía para participar no 29 Festival Internacional de Cadiz….

Con éste pequeño proxecto, además de disfrutar con elo, intentamos divulgar, dignificar e manter viva a esencia da nosa música Tradicional Galega, dándolle un estilo propio pero mantendo e conservando o repertorio Tradicional dos nosos “Vellos Gaiteiros”.

Os compoñentes do Grupo somos:

  1. Aurora; Bombo
  2. Carlos; Clarinete
  3. Manolo Lamas; Gaita
  4. Manolo Seijo; Zanfona
  5. Mari; Pandeireta
  6. María; Tambor
  7. Raquel; Gaita é percusión
  8. Raúl; Frauta Traveseira é Gaita

 


 

Vilarbó (As Pontes)

Primeira formación

Lesneven (Bretaña Francesa)

Malla de Cabalar (As Neves)

Boda no Concello

As Grañas (Mañón)

Teixeira (O Courel)

Magosto (Betanzos)

Teixeira (O Courel)

Cine Alovi (As Pontes)

Acto BNG (As Pontes)

Pasarrúas do Carme (As Pontes)

 No Cómbaro

 

http://www.youtube.com/watch?v=mJ4H7fN8n2o                       

  

                                                                         

                                                           

                                                              

  
María

 

 

Enderezo: As Pontes – Galiza

Tlfno: 654165194

Email: noco

 

mbaro@hotmail.com

Foliada de Abril-08

Cartel para a foliada de Abril.
 
Ante as moitas solicitudes que nos chegan de grupos que queren participar na foliada, este mes tivemos que poñer tres.
O primeiro componse de rapaces do conservatorio que utilizarán instrumentos de vento e facendo música un pouco distinta do habitual.
O segundo grupo de nome Cacharela, moi coñecido pola mariña lucense, e totalmente tradicional, chega dende Covas (Viveiro).
O terceiro e un "cuarteto de cinco" de nome Licor de Toxo, feito exclusivamente para a ocasión. Nos seus compoñentes podemos destacar a presenza de Sandra Tamayo, gaiteira murciana que está a estudar en Santiago, ademais do resto de compoñentes que non queren moita propaganda, todos eles tocan en grupos ben coñecidos.
%d bloggers like this: