Monthly Archives: Maio 2008

II ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa. As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.

Nesta segunda edición do Encontro, contaremos cos principais tocadores de trompa de Galiza, e tamén faremos un achegamento á presenza deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa.

A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta. Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico:
Tlfno/Fax: 986 847 074
secretaria@gaiteirosgalegos.com

O programa do Encontro queda do seguinte xeito:

11:00h – “ A presenza da Trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundo” Relatores: Natalia Regueiro, Luciano Pérez e John Wright
14:00h – Xantar
16:00h – Mostra de construción de Trompas: Oliverio Álvarez
16:45h – Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wright
18:30h – Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright.

FOLIADA DE MAIO

 
Ultima Foliada da temporada.

O vindeiro venres, 30 de Maio rematamos as Foliadas de esta temporada. Para elo contamos para empezar cuns colegas de Ladrido (Ortigueira). Veterano grupo que lle gusta a festa e disfrutar dela.

Pra rematar temos o grupo local Os Suplentes que para a ocasión virán reforzados con unha ampla lista de colaboradores:

 

FRANCIS  ALMEIDA……….trompa galega

JORGE VAZQUEZ…………..acordeón

XURXO IGLESIAS………….bouzouki

XOAN CARLOS RILO………gaita

ANGEL ALONSO……………voz

BEGOÑA GONZALEZ………voz

PATRICIA BARRO………….voz

SONIA CRUZ………………..voz

ALEXANDRE LEDO………..violín

ALICIA  CABARCOS………..violín

ANTÍA  VARELA …………..violín

CRISTINA MOIRÓN………..violín

JULIA  ARCA….……………violín

ROSALÍA  LÓPEZ…………..violín

SABELA   LÓPEZ……………violín

 

%d bloggers like this: