II ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa. As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.

Nesta segunda edición do Encontro, contaremos cos principais tocadores de trompa de Galiza, e tamén faremos un achegamento á presenza deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa.

A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta. Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico:
Tlfno/Fax: 986 847 074
secretaria@gaiteirosgalegos.com

O programa do Encontro queda do seguinte xeito:

11:00h – “ A presenza da Trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundo” Relatores: Natalia Regueiro, Luciano Pérez e John Wright
14:00h – Xantar
16:00h – Mostra de construción de Trompas: Oliverio Álvarez
16:45h – Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wright
18:30h – Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 28 Maio, 2008, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: