Monthly Archives: Setembro 2008

Fonte Gaiteira de Catoira

 
Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.

Había unha vila en Galiza, na que a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música . Así, Os Riveiros”, “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.

Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.

Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.

Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche-lo de formigón para construir un macroedificio.

Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de Setembro ás 12 horas.

A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.

Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.

Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.
Logo convidámosvos a xantar no parque.

Salvemos a Fonte Gaiteira.

Unha aperta.
Nando Casal- gaiteiro-

MATRICULA ESCOLAS MUNICIPAIS

 
A partir do mércores 17 de setembro ás 9.00 h, abrimos a matrícula para as Escolas Municipais de cultura.
 
Este ano teremos as seguintes novidades:
    – Grupos de pandeireta para nenos 
    – Grupo de baile galego para nenos 
    – Un grupo máis de danza clásica e outro de baile moderno
    – Acordeón para maiores
 

IV CICLO DE COROS HISTORICOS

 
 

FESTIVAL MUNDO DZ’08

 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

FESTIVAL MUNDO DZ08

 

San Sadurniño (A Coruña)

 

25-26-27 Setembro

 

 

XOVES 25 

 

Proxeccion do documental ‘SCRATCH’   as 21:30h no local da Asociación Cultural DZ

 

 

VENRES 26

 

 

a partires das 23:00h no local da A.C. DZ

 

LOS RUINES (garage rock – Cerdido)  www.myspace.com/losruines

 

SPINAL WINS (punk rock – Ribeira)  www.spinalwins.com

 

THE CAÑAS (rock especial – San Sadurniño)  www.myspace.com/thecanhas

 

MIKE DJ

 

 

 

SÁBADO 27

 

 

13:00h Sesión Vermú polas ruas e bares de San Sadurniñó con OS JALOCHOS de Ribeira (a charanga mais Punkchi!!)

 

15:00h Xantar Popular diante do local da A.C.DZ

 

16:00h Obradoiros para nenos cos grupos de animación ECOS DO SUR e MESTURA (no local da A.C. DZ)

 

18:00h Teatro: A Familia Crowley presenta… CASEI CON UN VAMPIRO!!!  (na casa da cultura de San Sadurniño)

 

20:00h GUITAR HERO (no local da A.C.DZ)

 

 

Concertos na explanada do colexio público (2 escearios)  Entrada + CD 5€  (Voluntaria!!)

 

22:30h THE ARRADIOS  (rock – San Sadurniño)   www.myspace.com/thearradios

 

 

23:00h  SOM DO GALPOM (rap reggae funk – Santiago D.C.)  www.somdogalpom.com

 

 

24:00h  BLK SONS (world music – San Sadurniño)

 

 

0:30h   SWEET OBLIVION BAND (grunge – San Sadurniño)  www.myspace.com/sweetoblivionband

 

 

1:30h   THE HARRY NAVISSON BAND (bluegrass fusion – Fene)  www.myspace.com/harrynavissonband

 

 

2:00h  LAMATUMBÁ www.lamatumba.com

 

 

4:00h  TU MINI DJS  (indie/electro/rock – Vigo)  www.myspace.com/tuminidjs    (no local da A.C.DZ)

 

 

 

 

nota1: a entrada aos concertos do sábado de noite e voluntaria (o que non queira non paga), mercando a entrada (5€) vai de regalo un CD con 2 temas de cada grupo dos participantes no Festival

 

nota2: o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa e haberá zona de acampada

 

nota3: graciñas de antemán por difundir esta mensaxe, vémonos no Mundo DZ!!!!

 

 

 

 

un saudo

 

 

IVAN DZ

%d bloggers like this: