Monthly Archives: Decembro 2008

7º NIOTES DE TASCA

 
Os Viqueiras de Ordes seguen a organizar as Noites de Tasca. A próxima o vindeiro día 26 de Decembro no concello de Tordoia
 
 
Advertisements

I Foliada de Nadal en Cecebre

 

                              "I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE"

¡O son e a festa galega na terra do "Bosque Animado": en terras de Cecebre!.

A concienciación pola recuperación cultural, artística e histórica, amáis das gañas de festa (hai que contalo todo), leva aos gaiteir@s de Cecebre á organización desta I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE.

Conscientes da necesidade dun lugar apropiado, un punto de reunión con aparcadoiro, moito espazo e a cercanía "dunha fonte onde poder refrescar", levounos á escolla de a Cervexería "A ILLA", sita no baixo de A CASA DA XUVENTUDE.

Sabemos que sodes tod@s boa xente amáis de festeir@s, por iso é un pracer convidarv@s a asistir e participar coa vosa presenza, as vosas voces, bailes e instrumentos musicais.

Podedes contactar para realizar calquera consulta ou notificar a vosa presenza e participación nos seguintes enderezos electrónicos:

pedrodavidlamas@yahoo​.es
papigil70@hotmail.com

¡Veña, que vai chegar a noite!.

As gravacións da música galega (1975-2000)

 
As gravacións da música galega (1975-2000)
Xaime Estévez Vila
 
 
Editorial

Lugo. Editorial Tris Tram – Xunta de Galicia, 2008

Descripción

Rústica com lapelas, 416 págs.; 21 x 25

ISBN / ref

978-84-89377-75-8

Sinopse
A presente publicación nace da tese de doutoramento feita na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram acordaron a edición dunha parte deste traballo de investigación polo seu grande interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural.
Entre dúas e tres mil horas de traballo,cando menos, fixeron falla ao longo de seis anos para chegar a esta edición sobre a música galega gravada.
O máis salientable deste traballo de máis de 400 páxinas, é sen dúbida que cuantifica obxectivamente o impresionante legado da música galega gravada só nun marco temporal de 26 anos. Analizáronse 774 gravacións que deixaron o descuberto preto de 500 agrupacións ou artistas (468), preto tamén de 500 horas de música gravada (485), case 10.000 temas (9.289) . Esta investigación aporta datos obxectivos sobre Intérpretes,Compositores, Editoriais, Referencias xeográficas, Letristas, Instrumentos, Formas musicais…
Ofrécense tamén análises cronolóxicas, cuantitativas e estilísticas que nos descobren, por exemplo, máis dunha ducia de tipoloxías e matices diferentes para a música galega, os temas máis gravados, a evolución da edición discográfica ou as agrupacións e compositores máis relevantes neste marco temporal, así como datos concretos sobre as particularidades da música galega.
Facilítanse 200 páxinas de índices e informes ordeados para a súa consulta, incluido un índice gráfico, e ata 32 táboas analíticas e gráficos demostrativos.Toda esta información e datos van acompañados dun marco teórico sobre a música galega : nomes propios, recompilación, conexións con outras músicas, fontes, estilos,… que fan desta edición unha referencia imprescindible dende agora para afondar na realidade e na verdadeira dimensión da música galega gravada quizais insuficientemente coñecida e valorada pola inexistencia de traballos musicolóxicos e científicos deste calibre.
A presentación feita polo profesor Rodrigo Romaní e o prólogo da Dra. Pilar Lago serven de pórtico perfecto e acorde á categoría dun traballo tan necesario como de referencia imprescindible no futuro para a posta en valor e a difusión axeitada do noso patrimonio cultural inmaterial.

 

 

Roberto Gonzalez Vazquez – Yualah TEV virtual shop system – Yualah
 
 
 

Día do orgullo Gaiteiro

 
 
 
 
 
 
 
 
O sábado 13 de decembro, a AOFT-Gomes Mouro, en colaboración coa Tenencia de Alcaldía do concello de Ourense, o Auditorio municipal de Ourense, La Caixa e a Radio Galega, organiza o "V Dia do Orgullo Gaiteiro". Será na sala anexa do Auditorio municipal de Ourense.

Esta edición do Dia do Orgullo Gaiteiro está dedicada en homenaxe a Ermelinda Seguín Matías "Ermelinda do Muiño", de Sarreaus. Na mesma entregaráse o premio novas Iniciativas ao Proxecto Ronsel, que en recentes datas celebrou a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na capital das burgas, actividade na que colaborou a Asociación de Gaiteiros Galegos.

O programa completo da xornada inclúe charlas, obradoiros, concertos e rematará cunha cea de confraternización á que se poderá asistir previa reserva de praza.

PROGRAMA

-16:00 a 18:00 Emisión de Lume na Palleira en directo con Emilio Españadero
-18:15: a 19:00 Charla didáctica e audicións "O Acordeón diatónico na Galiza" con Félix Cástro e Xoán Pedro Blanco.
-19:00 a 19:30 Acto Homenaxe: a "Ermelinda Seguín Matías", cantareira de Sarreaus, e Premio novas iniciativas o "Proxecto Ronsel" de salvagarda e Posta en valor do patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
-19:30 a 20:00 Antón Castro, "De Contar e de Cantar"
-20:00 a 21:00 Actuación do Grupo "Tanto nos Ten"

As 21:30 Cea do Orgullo no Restaurante Oira Praia, (estrada de Oira nº 20) Precio da Cea 18€, (15€ para Alumnos e asociados da AOFT). Apuntarse antes do martes 9 de decembro, inclusive, no teléfono 654173524.

%d bloggers like this: