Monthly Archives: Xaneiro 2009

FOLIADA DE XANEIRO

 
 
Venres, 30 de Xaneiro
 
A Agrupación Alxibeira de Narón colaborará con nos na 22 Foliada correspondente o mes de Xaneiro.
 
Desplazaranse ata As Pontes coas suas seccions de: Gaita e Percusión, Cantareiras e Baile tradicional.
 
Estades invitad@s a participar, e lembrade levar instrumentos para seguila festa.
 
 
 
 
 
 
 

8ª NOITES DE TASCA

 
Os Viqueiras seguen a organizar o longo de toda a Comarca de Ordes con gran éxito de asistencia e participación as Noites de Tasca.
 
 
 
Cartel da próxima Noite de Tasca en Senra-Oroso.
 
 
 
 
 
 
 

VI MOSTRA DE BANDAS DE GAITAS – AS PONTES

 
O sábado 24 de Xaneiro as 20 horas festival de Bandas Tradicionais no Auditorio Municipal Alovi.
 
Coa participación de:
 
 
  – Banda de gaitas Maruxía (Laxe)
 
 
  – Agrupación Folclorica San Xiao do Trebo (Cariño)
 
 
  – Banda da Escola Municipal de As Pontes
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Conferencia Polos Camiños da Música Tradicional

 
 
O vindeiro venres 23 de Xaneiro ás 20.00h terá lugar, no Centro Social do Castiñeiriño, a conferencia Polos Camiños da Música Tradicional impartida por Mini e Mero (A Quenlla)

Quedades convidados a asistir; de seguro non vos arrepentiredes.

 
 

 

 

 

Ghaiteirada na Baña

 
 
JAITEIRADA NA BAÑA.
 
 
Venres 23 dende as 21:00 h ( e ata que remate) no Local Social da Baña (climatizado con lareira) que está na rúa de atras do centro médico.
 
Poderedes disfrutar baratamente duns chourizos ó viño, viño sen chourizos, cervexas, licor café, , muita música, muito baile e muita carallada.
 
o motivo desta Jaiteirada é recaudar algo de cartos para  organizar a Festa Rachada xa que como sabedes sempre andamos escasos.
 
agardámosvos e traede os instrumentos ou calzado cómodo.
 
unha aperta, Milio Lois.
 
 
 
 

MOVILIZACIÓN POR PALESTINA

 
 

XORNADA NACIONAL DE

MOBILIZACIÓN POR  P A L E S T I N A

 

 

 

 

 

 

 

MARCHA NACIONAL EN COMPOSTELA

 

Domingo 18 de Xaneiro ás 12 hrs. Con saída na Alameda

 

Para deter os crimes dos israelís contra o Pobo Palestino, manifestate.

                                                            

 

                        GALIZA POR PALESTINA

 

 

www.galizaporpalestina.blogspot.com

%d bloggers like this: