Monthly Archives: Febreiro 2009

XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA A.G.G.

 
 
A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e propoñendo materiais, métodos e actividades que o acheguen, non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas, en primeiro termo, para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

Para asistir a estas Xornadas de Baile Tradicional, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n), é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 4 de Marzo, a través do teléfono 986 847 074. Esta inscrición é totalmente gratuíta.

 
 
 

FOLIADA DE FEBREIRO NAS PONTES

 
O venres 27 de Febreiro continuamos coas FOLIADAS na Cafetería Lar.
 
Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén  con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.
 
Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en público.
O grupo formase basicamente coa idea de fomentar un pouquiño mais o canto popular da nosa comarca, pois actualmente pensamos que non pasa polo seu mellor momento.
 
 
 
 
 
 
Ao remate das actuacions programadas seguirá a festa con repichoca a esgallo para quen queira participar, traede os instrumentos.
 
 

GHAITEIRADA NA BAÑA

 
 
O vindeiro Sábado dia 28 facemos a  "Ghaiteirada na Baña á lus do candil" no Local Social de San Vicente dende as 21:00 horas na que haberá chourizos ó viño e filloas (da pedra) pra comer; e de beber non ha  faltar.
Agardámosvos con gana de tocar e bailar.
 
Organiza: Gaiteiros da Baña.
 
 
 

9ª NOITE DE TASCA EN MESIA

 
 

9.as Noites de Tasca

 

 

En Xanceda (Mesía)

venres 27 de febreiro 2009

dende as 9 da tardiña

no bar : Casa Mosquera.

 

Coa presenza de : Pepe Temprano,

 

          e despois : Aldear

 

Ven tocar con nós!

 

 

 

 

VEN RESPIRAR 2009

 
 
VENRESPIRAR 2009!!!
 
 
 
 
COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!
 
FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN ESTE ANO, NO PRIMEIRO VENRES DE CADA MES SALVO EN MAIO, QUE SERÁ O SEGUNDO, O DIA 8, (COMEZAN AS 22:30)
 
AQUÍ TEDES AS DATAS E LUGARES:
 
6 de febreiro……Grándola
6 de marzo……..Foula
3 de abril………..A Efémera
8 de maio……….Don Gaetano
5 de xuño……….Ollo Ledo
 
ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE
 
QUEDADES TODOS CONVIDADOS A VIR E PARTICIPAR!!!
 
 
 
%d bloggers like this: