Daily Archives: 8 Abril, 2009

Romaría do Corpo Santo

 
 

Este ano a asociación de veciños de churio propuxose recuperar a antiga Romeria do Corpo Santo, na actualidade , hai moitos romeiros que veñen as misas neste dia , pero dende a asociación de veciños pretendemos recuperar a tradición para que despois das misas e a procesión poidamos todos disfrutar dun xantar popular.

Confecionaremos coma sempre a nosa alfombra de flores entre todolos veciños.

Comenzaremos pola mañá cediño cos gaiteiros dando unha alborada por todo o pobo , despois acodiremos a igrexa para a procesión tradicional , e logo baixaremos ate a explanada do local social de Churio e bailaremos o son de pasodobles , xotas , rumbas e muiñeiras, todo iso regado con un bó vermuth , logo pasaremos ó xantar que será coma nas antigas romarias … cada un levará as suas viandas e compartiremos todos un bó ambiente.

Despois do xantar e o café quen queira poderá sacar os instrumentos…. e festa.

O longo da tarde haberá moitas sorpresas , xogos populares , e a veiriña da noite contaremos coa gran actuación do Grupo NARANJA que seran os encargados de facernos bailar pola noite.