Monthly Archives: Xuño 2009

NON SEN O NOSO NOME

 

 

NON SEN O NOSO NOME

 

 
A Asociación Os Chichisos vén de emitir un comunicado, para o que prega a máxima difusión, chamando a todos os grupos de gaiteiros e formacións tradicionais do país a reivindicar os seus dereitos e negarse a tocar naqueles eventos nos que o seu nome non aparece na publicidade do evento.

Como cada ano cando chega o verán, a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adros, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respectivo grupo de gaiteiros. E como cada ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto cara a aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por iso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día.

Os Chichisos FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS:

Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma.
Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen.
Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.
Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparecer o dos gaiteiros; e se non, non tocamos.
Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome.
Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán, e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.
NON sen o respecto que merece todo músico tradicional.
NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música.
NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra.
NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo:

¡ NON SEN O NOSO NOME !

 

 

VII FESTA RACHADA DA BAÑA

 
 

 
 
O día 4 de xullo celébrase unha nova edición, e xa van sete, da FESTA RACHADA DA BAÑA. As actividades comezarán a partires das 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña, e prolongarase ata ben entrada a madrugada.

O programa deste ano conta coas seguintes actuacións:

Xosé Marentes (A Fonsagrada)
Armadanzas de Laraño
A Requinta da Laxeira (Vedra)
Tanto Nos Ten (Redondela)

Tamén participarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)… e moito máis. Levaranse a cabo obradoiros de xogos e baile tradicional e habilitarase unha zona de acampada.

A organización quere convidar a todo aquel que guste da música tradicional a achegarse ata a Baña para participar coas súas gorxas e instrumentos nunha das festas máis rachadas do verán.

 
 
 

NOITES DE TASCA

 
O venres 26 de Xuño en Ordes
 
 
O grupo No Cómbaro, mais o gaiteiro Freixo de As Pontes están invitados po la organización a particpar en un roteiro que se fará ese día po la tarde recorrendo os bares do centro de Ordes.
 
 
 

 
 
 

O 6 de xuño do 2008 celebrouse a "1.ª Noites de Tasca" e queremos celebrar o seu 1.º ano de andaina con este Especial Aniversario ao que queremos convidarvos a todos os que sentides e disfrutades cos sons da música tradicional galega.
 
Lembrade, 26 de xuño, a partir das 19:00 h roteiro con grupos de gaitas polos bares de Ordes. E a partir das 22:00h no Bar-Restaurante O Tunel
 
 
 
 

ASAMBLEA ABERTA NA SALA NASA

 
 

Komunicando.net vén de publicar un comunicado en relación aos cambios realizados recentemente na programación da Radio Galega , e en apoio á presenza da música galega en dito ente público.

Extracto do Manifesto Básico pola Defensa da RTVG (Fonte: komunicando.net):

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversión dos seus contidos […] entendemos que esta medida de eliminación da música en lingua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.                              

Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos vehículos de comunicación do movemento de Rexurdimento Musical que as novas xeracións do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a súa creatividade.

Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.

Queremos dirixirnos á xente sensíbel coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!

Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.

Pode consultar o texto íntegro do manifesto e asinalo aquí.

Asi mesmo, queda convocada unha Asemblea Aberta para tratar este tema e adoptar unha postura común, o sábado 13 de Xuño ás 12:30 h. na Sala NASA de Santiago de Compostela.

Sala NASA

San Lourenzo,51-53 B

Santiago de Compostela

FIN DE CURSO EEMM DE BAILE E MUSICA TRADICIONAL

 
 FIN DE CURSO 08-09
 
Escolas municipais de música e baile tradicional de As Pontes
 
 
As Escolas de música e baile tradicional de As Pontes rematan a temporada co festibal de fin de curso, o cal terá lugar no cine Alovi o día 12 de Xuño as 20:00 horas.
 
As clases foron impartidas po los mestr@s: Román, Zaira, Belén e Jorge nas modalidades de: gaita, percusión, baile, pandeireta, canto e acordeón respectivamente.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

X ENCONTROS DE MUSICA TRADICIONAL

 

 

 
O día 6 de Xuño de 2009 celebrarase a X edición dos Encontros de Música Tradicional no Monsteiro de Carboeiro (Silleda). O programa é o seguinte:

13.00 h.

SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
-BRINQUEDOS DE SEMPRE
ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
JULIO BALADO (LALÍN)
LUIS PREGO (VIGO)
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
-ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO
ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL

FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres…

15:00 h.
XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café -12€)

DURANTE A TARDE:

XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR

BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín

Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE"

POLA NOITE:

FOLIADA
ACAMPADA á beira do río Deza

Máis información chamando ao 658 62 82 39

%d bloggers like this: