Monthly Archives: Setembro 2009

GRAVACIÓN DO ALALÁ A FREIXO

GRAVACIÓN DO ALALÁ A FREIXO


Foto de Freixo celebrando o seo recente 91 cumpreanos

Dende o luns, día 28 de Setembro estanlle a gravar a Freixo o Alalá os da TVG. O xoves día 1 de Outubro no Bar A Lareira e a partir das 17:30 será cando se lle grave as pezas que él interpretará xunto con Aurora ao Bombo e Hugo co tambor, podería ser que Cheda o acompañe en algunha co "pito" en RE.
Estaremos por alí para facer un pouco ambiente os demais "compañeiros", así é como Freixo nos chama os que tocamos música tradicional igual que él.

Foliada de Setembro

EMPEZAMOS AS FOLIADAS

VENRES, 25 DE SETEMBRO

O próximo venres, 25 de
Setembro comeza outra tempada as FOLIADAS no Lar. Esta nova andaina sae máis
reforzada grazas ao apoio de oito grupos locaies que se suman á organización:
Axouxere (Roupar), Muxarega, Os Suplentes, Os Trevillas, Escola Municipal, No Cómbaro,
Cantareiras de Alende e Cana Vella.

 Serán todos os últimos venres de cada mes
dende Setembro ata Maio agás Nadal que non se fará.

Seguirá a mesma mecánica que
ata o de agora, un ou dous grupos programados de antemán e de seguido “REPICHOCA
INTERNACIONAL”

Os interesados en participar deberán
poñerse en contacto con calquera membro da organización.

 

O pribilexio de empezar e para o Gaiteiro Freixo que o pasado día 12 cumpreo 91 anos de idade, por máis que cumpra el segue a superarse cada día. Esta será a derradeira actuación antes de gravar para a tv. de Galicia o programa Alalá

Despois viran unhos rapaces de Fene (ROQUEMENTROQUE) que nos demostrarán como soan os acordeos ademais da mestura con outros instrumentos.

III MASA CRÍTICA GALEGA

Domingo, 13 de Setembro de 2009 en Lugo


Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero…

Que é a Masa Crítica?
Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que
realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao
seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.


Porque galega?
O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai
anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa
crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer
en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar
infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións,
intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir
unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e
reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando?
A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás
17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá
actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a
todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de
acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta
para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente
ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir.

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Resumo de actividades:

11:30h – Praza Maior: Comezo de actividades
12:30h – Gasolineira do Miño: Talleres
(bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias)
14:00h – Parque do Miño: Xantar Colectivo
17:00h – Praza Maior: Masa Crítica Galega
20:00h – CS Madia Leva: Festa !!!

Celebramos con Freixo o seo 91 cumpreanos

FREIXO CUMPRE 91 ANOS

O venres, 11 de Setembro celebramos no bar A Lareira o 91 cumpreanos do Gaiteiro pontes "Freixo". Estiveron presentes membros de todos os grupos de música tradicional da Vila. Con 91 anos manten intactas as facultades (que son moitas) de interpretación coa súa "grileira", tamén segue a manter viva a súa pillería e retranca de bó galego que é.




V CICLO DE COROS HISTÓRICOS

V CICLO DE COROS HISTÓRICOS

91 Cumpreanos de Freixo

91 anos

Con mais de 70 anos arrimado a sua gaita, o Gaiteiro Freixo cumpre 91 anos, será o vindeiro 12 de Setembro, para celebralo, xuntarémonos o venres 11 as 20:30 no bar A Lareira. El mandounos que avisaramos os compañeiros (todos os da gaita dixo el)


¡Vémonos o venres na Lareira!

Francisco Paradela

Susana Seivane actúa nunha residencia de maiores para un gaiteiro que cumpriu cen anos.

Francisco Paradela, que empezou a tocar antes da guerra, percorreu coa súa música varios países.

O gaiteiro Francisco Paradela cumpliu onte cen anos de
idade. Cando poida
hein facer unhas notas biográficas coa axuda de Pepe Temprano, que tocou o
tambor casi sempre con el, pero mentres hai que dicir que é natural de
Elviña (A Coruña) e que dende sempre foi do grupo da Sección Femenina de A
Coruña co que ten viaxado por todo o mundo. Grabou dous discos con catro
temas que hoxe forman parte do repertorio clásico da gaita: Jota de
Montrove, Folliada de Elviña, Muiñeira Mariñán e A Carballesa.

Na actualidade leva unha vida moi sedentaria nunha residencia de ancianos de
A Coruña, presentando importantes limitacións físicas e cognitivas.


Juanjo Fernández

Mais información

%d bloggers like this: