III MASA CRÍTICA GALEGA

Domingo, 13 de Setembro de 2009 en Lugo


Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero…

Que é a Masa Crítica?
Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que
realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao
seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.


Porque galega?
O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai
anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa
crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer
en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar
infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións,
intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir
unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e
reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando?
A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás
17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá
actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a
todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de
acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta
para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente
ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir.

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Resumo de actividades:

11:30h – Praza Maior: Comezo de actividades
12:30h – Gasolineira do Miño: Talleres
(bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias)
14:00h – Parque do Miño: Xantar Colectivo
17:00h – Praza Maior: Masa Crítica Galega
20:00h – CS Madia Leva: Festa !!!

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 15 Setembro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: