Monthly Archives: Outubro 2009

Serán na NASA

SERÁN NA SALA NASA DE COMPOSTELA

O próximo xoves, 5 de novembro temos Serán na NASA.

Seguimos coa novidade do "Obradoiro de iniciación ós
seráns" esta xornada adicamoslla á xota e o valse, para que
pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.

E para os demáis bailadores e bailadoras espallados por Galiza
adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a
grande festa.

Os grupos que van poñer música son:

1. Donaire

2. Verdegaio

3. Campantes da Baña

E TI POS O BAILE

Patrocinado polo Concellería de Cultura

de Santiago de Compostela.

Grazas por difundir esta información, agardámosvos.

Mais información Xan García 630016045


Montse Rivera
Tel 615 400 050

Advertisements

Foliada nas Pontes

Foliada de Outubro 2009

Xa imos po la Foliada número 28

Este
mes serán os compañeiros de Axouxere de Roupar, os convidados a empezar
a "faena". Cando eles rematen quedará sitio para os espontaneos, pois
cada vez son mais os que se achegan ata o Lar para participar na
Repichoca que tan bo acollemento ten entre os afecionados a música
tradicional feita nas Pontes e arredores.

II Foliada en Sada

A Asociación de música e danza tradicional Queiroa e o Concello de
Sada, organizan o vindeiro sábado 07 de novembro ás 20:00 horas, na
Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), a II Foliada da
Asociación de música e danza tradicional Queiroa.

Coincidindo con ela celebrarase o Magosto municipal, no que colaborarán as asociacións de Sada.

No
transcurso da foliada, celebrarase un Concurso de baile tradicional por
parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns.

Para participar no concurso ou actuar confirmar presenza a través dalgún dos seguintes contactos:
617940833/636692800, tercermolino@telefonica.net

Xornadas Mouras

QUEREMOS GALEGO

A AGG ENCABEZOU A MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLA PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO

Grupos e músicos responderon de xeito masivo á convocatoria
realizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos para participar na
mobilización que reuniu na capital de Galiza a milleiros de persoas
para defender o noso idioma

A Asociación de Gaiteiros
Galegos encabezou a manifestación organizada pola plataforma Queremos
Galego que se celebrou na capital de Galiza o pasado día 18 de outubro.
A AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos), integrada na plataforma
organizadora, mobilizou aos asociados e asociadas que participaron de
xeito masivo na manifestación facendo soar os seus instrumentos na
defensa do noso son e do noso idioma. A AGG tivo a honra de ser
convidada pola organización para abrir a manifestación que foi
encabezada por membros da xunta directiva da AGG e varios socios e
socias. Moitos foron, tamén, os gaiteiros e gaiteiras que levaron a
Compostela o son dos seus instrumentos para facer patente o apoio dos
músicos tradicionais a esta mobilización en defensa do noso idioma.
Ademais da presenza na marcha a favor do Galego foron membros da AGG os
que animaron, na Praza da Quintana, a chegada dos manifestantes e
interpretaron o Himno Galego ao final das intervencións previstas pola
plataforma.

Membros da directiva da AGG manifestaron que "a
participación da AGG nesta mobilización é a continuidade ao traballo
realizado pola Asociación de Gaiteiros en máis de 20 anos de defensa da
nosa música, da nosa cultura e do noso idioma". Para a AGG non se pode
entender a cultura, nin a música galega sen o idioma "non se pode
entender a figura do músico tradicional como un interprete
instrumentista ao uso, ser gaiteiro conleva moito máis que saber tocar
a gaita".

Queremos Galego

Miles de persoas maniféstanse en Santiago polo «dereito a vivir en galego»

Dirixentes
do BNG e do PSOE, e o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, reclaman
polas rúas de Compostela un maior fomento da lingua galega.

5ª Xornadas Museisticas

O vindeiro día 17 de Outubro, o Museo Etnográfico da Capela, organiza as 5ª Xornadas Museisticas

Nestas Xornadas presentaránse os traballos galardoados no 2º premio
de investigación “Ferro Caaveiro” nos que se recupera a memoria da
figura de Manuel Doce Viñas “O Panda”, e se recorda a vida dos
“fragueiros” na época da posguerra. Tamén se presentará o proxecto da
Universidade Rural Galega e inauguraráse o Parque Etnográfico do Sesín.
E para rematar presenciaremos un concerto de música de raiz, realmente
interesante de Xavier Blanco, interpretado con “instrumentos pobres”,
chamados asi pola sua sinxeleza ou por seren elementos da vida diaria
reconvertidos en instrumentos musicais.


O programa das Xornadas e o seguinte:

10,30 h. Recepción dos participantes e apertura
11,00 h. Actividades economicas complementarias no Xabariz da posguerra;
de Duarte Basoa Anca (Licenciado en Historia)
11,45 h. Saberes de antes para o desenvolvemento de hoxe;
Paula Ares Losada (Técnica da Universidade Rural Galega)
12,30 h. Manuel Doce Viñas “O Panda”. Na propia dignidade;
de Rosa Méndez Fonte (Licenciada e Doctora en humanidades)
16,00 h. O Parque Etnográfico do Sesín
18,30 h. Concerto didáctico: “Instrumentos pobres”
por Xavier Blanco (Músico e luthier)
19,30 h. Clausura das Xornadas


Máis información en http://www.museodacapela.org/

Manifestación pola lingua

DOMINGO 18 DE OUTUBRO


MANIFESTACION PO LA NOSA LINGUA




Como saberás corren de novo tempos dificiles para a nosa cultura. A lingua e a música están a ser atacadas de novo dende diversas frontes con renovadas forzas. Seguramente xa sabes que os dous mellores programas de música galega que emitía a radio galega foron retirados da programación; Aberto por Reformas foi directamente eliminado e Lume na Palleira desprazado para a RG música, unha emisora secundaria con menor cobertura que a RG convencional. E o momento de facer algo e propoñemos duas cousas:

1. Asiste a manifestación por a nosa Lingua que se celebrará o día 18 de Outubro en Santiago de Compostela e que sairá da Alameda ás 12:00. Levade os instrumentos.

2. Envía un correo electrónico ou postal á atención da directorta da RG ao enderezo que che achegamos mais abaixo; escrebe un sinxelo texto solicitando unha maior presenza da música tradicional galega na emisora pública así como a reincorporación do programa Lume na Palleira á Radio Galega convencional por mor da falta de cobertura desta emisora. Non esquezas incorporar á mensaxe o teu nome e D.N.I.

Dna. Rosa Martínez Rivada, directora da Radio Galega:
Televisión de Galicia Bando-San Marcos 15820 Santiago de Compostela (A Coruña)
dir.rg@crtvg.es


Queremos Galego

A plataforma cidadá Queremos Galego,
conformada por persoas a título individual e entidades de diferentes
ámbitos, entre as que se atopa a Asociación de Gaiteiros Galegos,
convoca unha gran manifestación en favor da lingua. Será o vindeiro 18
de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda.

Corren
tempos difíciles para a nosa lingua e a nosa cultura, tempos en que
debemos dar unha resposta firme en defensa dos nosos sinais de
identidade. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos queremos animarvos
á participación na manifestación do vindeiro domingo á que asistira
unha ampla representación da xunta directiva da AGG, levando consigo os
seus instrumentos para acompañar o percorrido con música tradicional.
Convidamos aos socios e socias, grupos, asociacións e demais colectivos
e xente relacionada coa música tradicional a facer soar os seus
instrumentos na defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

Máis información adhesións en www.queremosgalego.org



A gaita xa presume de primeiro licenciado na provincia

A gaita xa presume de primeiro licenciado na provincia

Juan Barcón foi o cuarto galego en cursar a carreira dedicada ao instrumento.

V Ciclo de Coros Históricos

V Ciclo de Coros Históricos


O noso amigo Hugo, invítanos e aconsellanos acercarnos ata A Coruña para ver algún dos festivais que organiza o coro de Cántigas da Terra no Teatro Rosalía de Castro
%d bloggers like this: