Ruta da Cubela (Cañons do Sil)


Ruta da Cubela

(Ribas de Sil)

Ruta circular, comeza en Castro de Abaixo ata a aldea da Cubela, de alí
seguimos ata Torbeo, facendo o camiño de regreso polos lugares de San Lorenzo,
Moreiras ata voltar ó punto de partida en Castro De Abaixo.

Itinerario completo: 14,7
Km. Duración aproximada 4 horas. Dificultade media.

Ruta da Cubela

Pódese facer dende Castro de Abaixo ata a Cubela e volver (Tamén hai quen sube un coche ata A Cubela), ou facela circular volvendo por Torbeo e San Lourenzo. Na información dicen que son 15 Km. a mín pareceronme mais

 

O camiño discorre por terras da
parroquia de Torbeo e remata na aldea de A Cubela. As paisaxes características
do Canón do Sil móstranse en toda a súa beleza ó largo do itinerario, bordeado
dunha variada flora autóctona.

Nas proximidades da ruta, combínanse os vestixios arqueolóxicos, o patrimonio
románico, a arquitectura tradicional e as típicas terrazas vitícolas da Ribeira
Sacra. Trátase dunha ruta circular de dificultade media. O itinerario completo
ten 14,7 quilómetros e pódese recorrer en 4 horas.


A ruta comeza atravesando a ponte de Augasmestas, dende aquí hai que camiñar
pola estrada que conduce a Castro de Abaixo. A proximidade desta aldea, xa
podemos contemplar algúns vestixios dun asentamento castrexo e dunha
explotación aurífera romana. Tras cruzar o pobo, xunto à ultima casa,
encontrámo-lo camiño que nos levará ata A Cubela pola marxe dereita do Río Sil.
Logo de percorrer 200
metros, cruzámo-lo rego das Chenzas. 50 metros máis adiante o
camiño bifúrcase. Collemos cara à dereita e entramos nunha zona de monte baixo
dende o que podemos admirar a confluencia do Río Lor co Río Sil, no lugar de
Augasmestas e da aldea de Covas, famosa polas explotacións auríferas. Seguindo
polo sendeiro, aparecen as primeiras mostras de vexetación mediterránea:
aciñeiras, sobreiras e érbedos principalmente.


Tras camiñar sempre preto do río acabamos cruzando o rego de Ribón, onde se
poden contemplar unhas fermosas fervenzas. 500 metros máis adiante,
aparecen mesturados con vexetación mediterránea, árbores típicas do clima
atlántico: carballos, castiñeiros, loureiros, etc. Entre unha vexetación tan
variada, podemos admirar antigos bancais para o cultivo do viño. Un quilómetro
máis e saímos da zona de bosque e volvemos a camiñar por entre o mato. Cada vez
a espectacularidade das vistas e das paisaxes é máis patente.

Xa chegamos ó treito final ata A Cubela que está situada sobre un meandro de
case 180 grados deseñado polo río Sil. A Cubela está asentada sobre unha vella
explotación aurífera romana e a arquitectura tradicional das súas vivendas
conservase en moi bo estado.

Podemos regresar ó punto de saída pasando por
Torbeo, San Lourenzo, Moreiras e Castro de Abaixo, polo antigo paso coñecido
como camiño de inverno. Onde nos atoparemos ca Pena Tallada e unha igrexa
románica caracterizada pola súa beleza: Santa María de Torbeo.

Vota unha ollada as Fotos da ruta


Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 5 Outubro, 2009, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: