QUEREMOS GALEGO

A AGG ENCABEZOU A MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLA PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO

Grupos e músicos responderon de xeito masivo á convocatoria
realizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos para participar na
mobilización que reuniu na capital de Galiza a milleiros de persoas
para defender o noso idioma

A Asociación de Gaiteiros
Galegos encabezou a manifestación organizada pola plataforma Queremos
Galego que se celebrou na capital de Galiza o pasado día 18 de outubro.
A AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos), integrada na plataforma
organizadora, mobilizou aos asociados e asociadas que participaron de
xeito masivo na manifestación facendo soar os seus instrumentos na
defensa do noso son e do noso idioma. A AGG tivo a honra de ser
convidada pola organización para abrir a manifestación que foi
encabezada por membros da xunta directiva da AGG e varios socios e
socias. Moitos foron, tamén, os gaiteiros e gaiteiras que levaron a
Compostela o son dos seus instrumentos para facer patente o apoio dos
músicos tradicionais a esta mobilización en defensa do noso idioma.
Ademais da presenza na marcha a favor do Galego foron membros da AGG os
que animaron, na Praza da Quintana, a chegada dos manifestantes e
interpretaron o Himno Galego ao final das intervencións previstas pola
plataforma.

Membros da directiva da AGG manifestaron que "a
participación da AGG nesta mobilización é a continuidade ao traballo
realizado pola Asociación de Gaiteiros en máis de 20 anos de defensa da
nosa música, da nosa cultura e do noso idioma". Para a AGG non se pode
entender a cultura, nin a música galega sen o idioma "non se pode
entender a figura do músico tradicional como un interprete
instrumentista ao uso, ser gaiteiro conleva moito máis que saber tocar
a gaita".

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 20 Outubro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: