Monthly Archives: Novembro 2009

REPICHOCA MESON DE TONY

REPICHOCA MESON DE TONY 

(Mourela- Neda)

Sábado, 5 de Decembro do 2009, a partir das 21:00 horas.

Advertisements

LINGUA GALEGA

LINGUA GALEGA
Unha oenegué europea reprende a política da Xunta sobre o galego

A
European Bureau for Lesser Ussed Lenguages recrimina ao Executivo
galego que desmantelase algúns dos proxectos máis aplaudidos polo
Consello de Europa.

A
European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das
Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política
lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijoo, tras a
reunión de que este organismo celebrou en Barcelona.

A
pesar de que nun primeiro momento, e debido a unha información
aparecida en varios teletipos, identificouse a este organismo como a
axencia lingüística da UE o certo é que é unha oenegué irlandesa
dedicada ao seguimento e fomento das linguas minoritarias. Iso si,
posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a ONU.

Onte,
a EBLUL emitiu unha resolución na que «informa» á Xunta de Galicia de
que «as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado
mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre
dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español» e contra a Carta
Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas. A entidade afirma
igualmente que «resulta de especial gravidade» que «non só non se
puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas», senón «que se
desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de
Europa», entre os que se cita á antiga Red Galega de Escolas Infantís,
«a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do
galego».

O documento «anima» ao Goberno
galego a «que desenvolva unha política lingüística de extensión social
da lingua propia de Galicia», á vez que lle advirte que «de continuar a
súa política de desprotección» trasladarase a situación aos diferentes
foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.

MUSGAFOL

II EDICIÓN DO MUSGAFOL
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Sábado, 12 de decembro – 21 h
Entrada de balde

Ao longo de máis dun século de reivindicació n da dignificación da gaita
galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento
nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu
recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e
a súa difusión.

Dende que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da
gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua
creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por
instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a
banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a
gaita de fol galega do s. XXI, que ata agora só tiña cabida nas aulas
dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos
novos intérpretes.

Nesta segunda edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para banda
sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso
país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do
director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD
monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso
instrumento.

Presentador:

Luís Costa. Director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e
Profesor na Universidade de Vigo

Programa:

*Banda de Música de Pontevedra. *Director convidado: X. L. Represas

* *

*Solista: Pedro Álvarez*

Fantasía Popular (E. Campos e X. L. Represas)

* *

*Solista: Xoan Carlos Rilo*

Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)

* *

*Solista: Pedro Lamas*

A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr.
banda: Roberto Somoza)

*Solista: Oscar Ibáñez*

Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)

*Solista: David Bellas*

A lenda de Montelongo (Bernardo del Río / Adapt.: X. L. Represas)

*Solista: José Manuel López*

Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)

*Solista: Pablo Devigo*

Bènnu (Pablo Devigo)

* *

*Todos xuntos*

Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)

Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)

* *

Organiza:

Asociación Toque Pechado de Pontevedra

Promove:

Concello de Pontevedra

Colabora:

Teatro Principal de Pontevedra, Radio Galega, Banda de
Música de Pontevedra e Dos Acordes

FOLIADA NAS PONTES


29 FOLIADA NO LAR (AS PONTES)

O día 27 as 22:30 no Lar

A Foliada de este mes será o derradeiro acto incluído dentro da  programación de Santa Icía (patrona dos músicos). As agrupacións musicais da Vila son quen organizan cada ano  unha serie de festivais, concertos e tamén unha cea baile. Ademáis cada ano réndeselle unha homenaxe a algún personaxe destacado na música. Este ano recibe dito homenaxe a Banda de Música de Ribadeume con motivo do centenario da súa fundación, así como ós seus fundadores: o Cura (Juan Vázquez) e o Mestre (Antonio Pico Blanco).

Na Foliada temos estreo dun novo Grupo tradicional "made in As Pontes" CANAVELLA así se chaman. Aínda que a formación e nova, os seus compoñentes forman ou formaron parte doutros grupos, polo cal a calidade está garantida. Dende a organización das Foliadas desexamóslles moita sorte na súa nova andaina gaiteira.

A continuación estarán os incombustibles BRISAS DA CROA (Ladrido), son os máis festeiros de todo o Ortegal, ¡teñen casta mariñeira!. Esta será a súa terceira visita que nos fan e seguro que volverán a revolucionar o galiñeiro.

MAGOSTO POPULAR EN BETANZOS

I MAGOSTO POPULAR EN BETANZOS

ORGANIZADO PO LA ASOCIACION A FULIADA

A celebración contará coa actuación de tres grupos folcklóricos
convidados, No Cómbaro (As Pontes), As Patuleiriñas (Aranga) e Os
Gaiteiros de Cecebre. A Asociación indicou que a continuación “as
persoas que se acheguen e traigan os seus instrumentos, poderán cantar
e bailar ata que o corpo aguante”.

Mais información

NOITES DE TASCA


14 NOITES DE TASCA EN ORDES

ACTOS SANTA ICIA 2009

ACTOS SANTA ICIA 2009

AS PONTES RENDIU HOMENAXE Á BANDA MUSICAL DE RIBADEUME E ÓS SEUS FUNDADORES

Este
sábado, 14 de novembro, celebrouse na parroquia pontesa de Ribadeume un
máis que merecido homenaxe á súa Banda Musical con motivo do centenario
da súa fundación, así como ós seus fundadores.

ACTOS PARA SANTA ICÍA


SANTA ICIA 2009

Os actos en honra a Santa Icía empezan o sábado. Inaugurarase un monumento en Ribadeume en honra a dous músicos locais. 
As Pontes dedicará dez días ás festas de Santa
Icía, que comezarán este sábado cun extenso programa de actividades que
se inicia ás 16.00 horas coa inauguración dun monumento en Ribadeume
dedicado aos músicos locais Juan Vázquez Vázquez e Domingo Antonio Pico
Blanco e que contará coa actuación da asociación cultural Alende e da
banda de música das Pontes.

Unha hora e media máis tarde terá lugar a inauguración dunha exposición
de fotografías sobre a historia musical da localidade no Mercado Vello.

Ás 19.30 horas, no primeiro festival na Casa Dopeso, actuarán:

  • Agrupación
    Coral Endesa As Pontes
  • Rondalla Vila das Pontes
  • Os
    Suplentes.


O domingo o teatro Alovi acollerá o segundo festival, no que
participarán a partir das 18:00 horas as seguintes agrupacións:

  • Escola Municipal de Música Tradicional
  • O Grupo Tradicional No
    Cómbaro
  • Os Ponteses.


O luns o conservatorio municipal
será o escenario dun recital de clarinete, ás 19.30.

Constantino Bellón 2009

gañador do premio constantino bellón 

 Pablo Devigo: «Eu son un gaiteiro que está a cabalo entre dous mundos»

Ou
domingo volveuse impoñer, non teatro Jofre, nun dous máis prestixiosos
certames dá música de Galicia, non que tamén se recoñeceu ou seu labor
como compositor.

Mais información

CONSTANTINO BELLÓN 2009


XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA
"CONSTANTINO BELLÓN" 2009



O domingo 8 de novembro ás 20:00 h no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX Concurso Internacional de Gaita Galega  "Constantino Bellón",
o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos
apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en
novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de
Ferrol.

Este domingo  terá lugar a Final dos Gaiteiros
Solista, a entrega da Mención de Gaita de Ouro e a entrega de premios
do apartado de Composición. A posta en escea das obras premiadas no
apartado de Composición será dentro deste ano 2009, pero anunciarémolo
máis adiante xa que premura do tempo non permitía executalo como se
merece!

Vémonos o domingo!

Finalistas:

– Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas (Ourense).
– Gonzalo Manuel Abelairas Lemos. (Ourense)
– Ricardo Mouriño Freire. (Ferrol)
– Isidro Vidal Gallardo. O Carballiño (Ourense)
– Bruno Villamor Gay. (Lugo)
– Pedro Alvarez Fariñas. (Nigrán)
– Daniel Lumbreras Rodríguez. Donostia (España) “GAITEIRO DE SOUTELO”
– Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez. Bos Aires (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
– Santiago Agustín Molina. (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
– Eric Alexander Corrante. Valencia (Venezuela) “GAITEIRO DE SOUTELO” 


%d bloggers like this: