FOLIADA NAS PONTES


29 FOLIADA NO LAR (AS PONTES)

O día 27 as 22:30 no Lar

A Foliada de este mes será o derradeiro acto incluído dentro da  programación de Santa Icía (patrona dos músicos). As agrupacións musicais da Vila son quen organizan cada ano  unha serie de festivais, concertos e tamén unha cea baile. Ademáis cada ano réndeselle unha homenaxe a algún personaxe destacado na música. Este ano recibe dito homenaxe a Banda de Música de Ribadeume con motivo do centenario da súa fundación, así como ós seus fundadores: o Cura (Juan Vázquez) e o Mestre (Antonio Pico Blanco).

Na Foliada temos estreo dun novo Grupo tradicional "made in As Pontes" CANAVELLA así se chaman. Aínda que a formación e nova, os seus compoñentes forman ou formaron parte doutros grupos, polo cal a calidade está garantida. Dende a organización das Foliadas desexamóslles moita sorte na súa nova andaina gaiteira.

A continuación estarán os incombustibles BRISAS DA CROA (Ladrido), son os máis festeiros de todo o Ortegal, ¡teñen casta mariñeira!. Esta será a súa terceira visita que nos fan e seguro que volverán a revolucionar o galiñeiro.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 21 Novembro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: