MUSGAFOL

II EDICIÓN DO MUSGAFOL
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Sábado, 12 de decembro – 21 h
Entrada de balde

Ao longo de máis dun século de reivindicació n da dignificación da gaita
galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento
nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu
recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e
a súa difusión.

Dende que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da
gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua
creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por
instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a
banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a
gaita de fol galega do s. XXI, que ata agora só tiña cabida nas aulas
dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos
novos intérpretes.

Nesta segunda edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para banda
sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso
país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do
director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD
monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso
instrumento.

Presentador:

Luís Costa. Director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e
Profesor na Universidade de Vigo

Programa:

*Banda de Música de Pontevedra. *Director convidado: X. L. Represas

* *

*Solista: Pedro Álvarez*

Fantasía Popular (E. Campos e X. L. Represas)

* *

*Solista: Xoan Carlos Rilo*

Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)

* *

*Solista: Pedro Lamas*

A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr.
banda: Roberto Somoza)

*Solista: Oscar Ibáñez*

Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)

*Solista: David Bellas*

A lenda de Montelongo (Bernardo del Río / Adapt.: X. L. Represas)

*Solista: José Manuel López*

Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)

*Solista: Pablo Devigo*

Bènnu (Pablo Devigo)

* *

*Todos xuntos*

Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)

Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)

* *

Organiza:

Asociación Toque Pechado de Pontevedra

Promove:

Concello de Pontevedra

Colabora:

Teatro Principal de Pontevedra, Radio Galega, Banda de
Música de Pontevedra e Dos Acordes

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 25 Novembro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: