Monthly Archives: Decembro 2009

A falacia da imposición do Galego

A falacia da imposición do Galego

 

Advertisements

Repichoca na Mourela (Neda)


MOURELA ALTA (NEDA)

ANTIGUA CASA FALCON – SABADO, 2 DE XANEIRO


Bo Nadal

Os compoñentes do Grupo No Cómbaro, desexanvos un
Bo Nadal e unha boa entrada de ano.


O debuxo e
unha foto de unha camiseta, o cal foi

diseñado por Gabi e Bordado por Marisol

A ver se somos quen de resucitar ao APALPADOR!,  que
ten moito máis sentidiño humano cós papás noeles que cheiran a
comercio/negocio (coca/cola).


O APALPADOR é un vello xigante, de oficio carbonero, que vive nas fragas da montaña alta. Na noite de Nadal baixa aos pobos e aldeas para estar máis preto dos nenos e nenas que estan a durmir. Coidadosamente, apretalles a barriga para ver se estes estan ben mantidos. Despois de desexar que o próximo ano non pasaran máis fame, marchaban deixando un puñado de castañas quentes.

Musgafol

Rilo no Musgafol

O 28 de Novembro no Teatro Principal de  Pontevedra e acompañado pola Banda de Música de Pontevedra, con Xosé Luis Represas como director convidado.

  

Interprete: Xoán Carlos Rilo Fraga
Peza:Para os da nosa Terra! (XC Rilo Fraga /Joan B. Bernat)
 

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita
galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento
nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o
seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu
ensino e a súa difusión.

Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE
fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do
país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a
nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por
formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O
MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea
composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña
cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus
creadores e aos novos intérpretes.

Nesta primeira edición do
MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do noso
país para interpretar unha selección do repertorio contemporáneo para
gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta
formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

15 Noites de Tasca

O Gaiteiro Freixo de As Pontes, invitado de honra as

15 Noites de Tasca (Ordes)

O venres 25 de decembro, a partir das 18h a vila de Ordes (A Coruña)
encherase de cantos de nadal e panxoliñas con varios grupos de música
tradicional que percorrerán rúas e bares.

Entre eles
estárán "No Cómbaro" das Pontes, "Os Reiceiros" da Pontecarreira
(Frades), Manuel Viqueira, "O Gaiteiro de Vilaverde"de Ordes e Raúl
Galego "O Gaiteiro Nubeiro" da Coruña, entre outros.

A
partir das 22:00 h o Bar-Restaurante "O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso
Senra,75) acollerá a actuación dun gaiteiro excepcional, con 91 anos
cumpridos e máis de 70 tocando: o GAITEIRO FREIXO, das Pontes

Quinteto Monterrey

Concerto do repertorio do "Quinteto Monterrey"

Conxunto galego na Habana dos anos 30 do século pasado

O vindeiro xoves 17 de decembro ás 20 h a Casa de Galicia en
Madrid acolle o concerto-recreación do repertorio do "Quinteto
Monterrey" a cargo de Oscar Ibáñez (gaita e dirección musical), Miguel
Dopazo (clarinete), José Manuel López (saxo alto), Eduardo Seoane
(trompeta), José Luís Rodríguez (saxo tenor), Andrés Vilán (caixa) e
Alberto Costas (bombo con pratos).
 
Oscar Ibáñez aproveitará esta ocasión para presentar na capital do
estado a súa publicación "O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos
xardíns da Tropical" (Dos Acordes, 2009) froito da súa investigación na
Illa de Cuba. Esta publicación, que recolle ampla documentación e o
repertorio do "Quinteto Monterrey" contribuindo á recuperación e á
difusión do patrimonio musical galego da diáspora, foi posible grazas á
xenerosidade de Rodolfo Posada, de 93 anos, fillo do gaiteiro e
director do "Quinteto Monterrey" José Posada (A Rasela, Verín 1885 – La
Habana 1955), quen durante máis de 50 anos conservou o legado musical e
os instrumentos do seu pai.

XXI Homenaxe ao Gaiteiro


XXI  Homenaxe ao Gaiteiro


O Etnográfico A Buxaina organiza un ano máis o " Homenaxe O Gaiteiro"
que terá lugar o próximo sábado 19 de Decembro as 18 horas no Auditorio
do Centro Cultural Caixanova.

No acto, que estaá
presentado polo narrador Celso Sanmartín, participarán xunto ao noso
grupo "Os terribles de Donas" e "Moxenas, Musical Galego" nun
recoñecemento a traxectoria musical de Secundino de Cambados e Javier
de Pol.

Podense recoller as invitacions esta semana a partires da 20 horas.

Coma tódolos anos a festa está garantizada o remate no Centro Cultural de Coruxo.

Alalá a Freixo

 

  

EMISION DO ALALÁ A FREIXO

Martes 15 as 21:30 na TVG


O próximo martes, día 15 a eso das 21:30 emitirase na
TVG o Alalá dedicado ao noso Gaiteiro Freixo, non deixedes de ver esta
gravación, os mesmos responsables do programa: director, presentadora,
guionistas, cámaras, etc. Todos eles coinciden en asegurar que vai ser
un dos bos programas, todo grazas o "protagonista" claro está, quedaron
asombrados con el, non solo por ser posiblemente o gaiteiro mais vello
de todo o pais que siga en activo, tamén pola sua maneira de contar as
cousas, polo seo bo humor e tamén pola sua fortaleza e naturalidade aos
91 anos de idade.

CONVERS-ANDO

Ola amigos e amigas,

Envíovos a continuación información sobre unha actividade que vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 12.

Se estades interesados en participar, animámosvos especialmente a tomar parte no serán que se intentará facer pola tarde.

Pregámosvos que difundades a iniciativa entre os vosos contactos.

Un saúdo,
M. Ferreiro

CONVERS-ANDO SÁBADO 12 DO 12

• Mercado do Calvario VIGO

conversar v.i. Falar [dúas ou máis persoas] de maneira máis ou
 menos familiar sobre calquera tema.

Nós, como a maioría da poboación galega, vivimos co galego, no galego,
 polo galego e gústanos vivir así (ou coñecen a alguén que fale castelán
e non diga “concello”, “lixo”, “e logo?”, “pota”…?). O galego, coma o
mar de Vigo, abre as portas, pode acoller porque ten raíces, sabe de onde
somos e cara onde imos. O galego non é un invento, non é unha
materia de instituto, non é algo inútil nin moito menos unha
imposición, é a nosa maneira de poder facer o mundo máis rico, é
o noso pasado, presente e futuro. Nós non só nos interesamos por
falar con quen fica lonxe (porque a sorte de falar galego ábrenos a
porta a 200 millóns de persoas de fala portuguesa e nos axuda a
aprender máis idiomas!) senón que nos interesamos primeiro por
falar con quen temos preto. Como as castañas, é hora de saír do
ourizo e deixar atrás os complexos. Aquí estamos para conversar,
porque o mellor que se pode facer pola lingua é falala!

actividades

► pola mañá, desde as 10.30 h Conversas no Mercado do Calvario: conta as túas ideas, deixa as túas mensaxes
Xogos infantís

► pola tarde, desde as 17.00 h Animación para crianzas
Xogos infantís

Unha tarde na peixería

Animación para a mocidade

Safari fotográfico

►no serán, desde as 19.30 h Por suposto, un serán polos bares do Calvario

LETRA PEQUENA! E
como xa sabemos que amiguiños si pero a vaquiña polo que vale, que
conste!:

-Esta iniciativa é o resultado do traballo dun grupo de persoas que nos
movemos polo amor á lingua, non nos importa a quen votes, cantos
anos teñas, a túa cor de pel, onde naciches, onde paciches ou
outras circunstancias accidentais da túa vida, o único que nos
importa é que che importe o galego.
-Esta iniciativa está organizada en exclusiva por persoas voluntarias co
apoio loxístico do Concello de Vigo.
-Está cientificamente demostrado que nin falar nin defender o galego ten
efectos secundarios negativos, un/ha non se volve parva, nin radical
nin moito menos violenta/o. As persoas que integramos esta iniciativa
podemos dar fe, se se paran a coñecernos poderán comprobalo
empiricamente.

Esta é unha actividade aberta, se tes unha idea, contacta connosco!
cambiagalicia@ gmail.com

estamos no facebook e en
www.conversando. blogaliza. org

O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

¿Que opinión ten a xente sobre do Traxe Tradicional Galego?

Comprobao en esta ligazón

%d bloggers like this: