A metamorfose dunha nova

CRAIG PATTERSON

A metamorfose dunha nova

Xa hai tempo que non leo La Voz de Galicia. Dáme
certa mágoa, pois colaborei con ese xornal varias veces. Porén, hai xa
anos que non hai dúbida ningunha da postura dese medio cara á lingua
galega, e cando suceden episodios coma o do xoves pasado non me
arrepinto de deixar de ler as súas páxinas, sexa no formato que sexa.

O
xoves publicaron, unha tras outra, tres versións distintas (e moi
reveladoras) dunha mesma nova. Moita xente quedou atónita ao ler o
primeiro titular, dado o enfoque político do xornal: La agencia lingüística de la UE reprende la política de la Xunta sobre el gallego. Dende
logo, parece unha nova neutra, unha sinxela achega da opinión que
expresara nada máis nin menos ca axencia da UE. Con todo, e no espazo
dunhas horas, La Voz mudou o titular, sen variar o corpo da nova, a Una onegé europea reprende la política de la Xunta sobre el gallego. Para colmo, o día despois apareceu unha nota máis breve con base na mesma nova, agora co titular: Una oenegé irlandesa critica la política lingüística del Gobierno gallego.
E con iso xa entramos no teatro esperpento que evoca nestes tempos
Manolo Rivas e cuxa relevancia está a resucitar. Moitos compañeiros
irlandeses (nativos e adoptivos) expresaron o mal que lles sentara a
indirecta deste terceiro titular, que suxería de maneira moi maliciosa
que o European Bureau for Lesser-Used Languages fose unha entidade sen
importancia. De feito, o EBLUL presentou esta declaración en Barcelona,
e representa un comité oficial da UE. Pero xa se botara a pacer a
alusión a uns excéntricos irlandeses que falaban mal da pobre Xunta? Ao
desvalorizar a nova, queda clara a absoluta ausencia da obxectividade
periodística. Xusto como comentou alguén, as tres veces fixeron mal o
seu traballo. A primeira por ignorancia, e as outras dúas por malicia.

Por se houbese dúbidas, La Voz queda
en bancarrota ética. Non fala como voceira de tódalas Galicias, e moito
menos daquela que fala a lingua nacional do país. No futuro, estou
seguro de que se empregará este episodio nas facultades de Xornalismo
para guiar os estudantes sobre a ética periodística, e lembrarlles como La Voz chegou a ser unha deformación grotesca do que debería ser un bo xornal, europeo, mundial e por suposto galego.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 4 Decembro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: