CONVERS-ANDO

Ola amigos e amigas,

Envíovos a continuación información sobre unha actividade que vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 12.

Se estades interesados en participar, animámosvos especialmente a tomar parte no serán que se intentará facer pola tarde.

Pregámosvos que difundades a iniciativa entre os vosos contactos.

Un saúdo,
M. Ferreiro

CONVERS-ANDO SÁBADO 12 DO 12

• Mercado do Calvario VIGO

conversar v.i. Falar [dúas ou máis persoas] de maneira máis ou
 menos familiar sobre calquera tema.

Nós, como a maioría da poboación galega, vivimos co galego, no galego,
 polo galego e gústanos vivir así (ou coñecen a alguén que fale castelán
e non diga “concello”, “lixo”, “e logo?”, “pota”…?). O galego, coma o
mar de Vigo, abre as portas, pode acoller porque ten raíces, sabe de onde
somos e cara onde imos. O galego non é un invento, non é unha
materia de instituto, non é algo inútil nin moito menos unha
imposición, é a nosa maneira de poder facer o mundo máis rico, é
o noso pasado, presente e futuro. Nós non só nos interesamos por
falar con quen fica lonxe (porque a sorte de falar galego ábrenos a
porta a 200 millóns de persoas de fala portuguesa e nos axuda a
aprender máis idiomas!) senón que nos interesamos primeiro por
falar con quen temos preto. Como as castañas, é hora de saír do
ourizo e deixar atrás os complexos. Aquí estamos para conversar,
porque o mellor que se pode facer pola lingua é falala!

actividades

► pola mañá, desde as 10.30 h Conversas no Mercado do Calvario: conta as túas ideas, deixa as túas mensaxes
Xogos infantís

► pola tarde, desde as 17.00 h Animación para crianzas
Xogos infantís

Unha tarde na peixería

Animación para a mocidade

Safari fotográfico

►no serán, desde as 19.30 h Por suposto, un serán polos bares do Calvario

LETRA PEQUENA! E
como xa sabemos que amiguiños si pero a vaquiña polo que vale, que
conste!:

-Esta iniciativa é o resultado do traballo dun grupo de persoas que nos
movemos polo amor á lingua, non nos importa a quen votes, cantos
anos teñas, a túa cor de pel, onde naciches, onde paciches ou
outras circunstancias accidentais da túa vida, o único que nos
importa é que che importe o galego.
-Esta iniciativa está organizada en exclusiva por persoas voluntarias co
apoio loxístico do Concello de Vigo.
-Está cientificamente demostrado que nin falar nin defender o galego ten
efectos secundarios negativos, un/ha non se volve parva, nin radical
nin moito menos violenta/o. As persoas que integramos esta iniciativa
podemos dar fe, se se paran a coñecernos poderán comprobalo
empiricamente.

Esta é unha actividade aberta, se tes unha idea, contacta connosco!
cambiagalicia@ gmail.com

estamos no facebook e en
www.conversando. blogaliza. org

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 9 Decembro, 2009, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: