Monthly Archives: Xaneiro 2010

O gaiteiro Mallou


O gaiteiro Mallou cumpre 85 anos. A súa familia organízalle unha
pequena e ben merecida homenaxe á súa traxectoria musical, invitando a
todo aquel que se queira achegar ata Casas Novas 16 (Santiago de
Compostela) a "tomar un vaso con Mallou" o próximo Luns 8 a calquera
hora do día.

É un dos representantes dunha xeración de gaiteiros
que viviu a música tradicional como un feito natural, integrado na
sociedade de tal forma que a súa transmisión realizábase de xeito oral.

Falar
de Mallou, significa falar dun dos referentes fundamentais da gaita e
dunha figura imprescindible para coñecer este instrumento na comarca de
Santiago.

Por ende, queremos animarvos a acudir a esta fermosa
cita, na que recoñecer a traxectoria de quen adicou unha vida de
esforzos a prol da Cultura e da Música Tradicional Galega.


Fonte: http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=1088

Advertisements

VI Foliada de Melide




VI FOLIADA de MELIDE

24 – 25 DE
ABRIL

Un
ano máis, dende Asociación cultural e musical O CASTELO estamos
traballando na elaboración do programa da sexta edición da Foliada de
Melide.
Este ano, como novidade, todas as actividades se realizarán no exterior, en prazas e rúas da vila.

Adxuntamos un video promocional e proximamente informaremos sobre as novidades que se vaian producindo.
Agradecemos o reenvio deste correo aos vosos contactos para darlle a maior difusión posible.

Xa podes ver o video promocional da VI FOLIADA de Melide
 


 

  

Unha aperta

ASOC. CULTURAL E MUSICAL O CASTELO


+ info  
www.foliadamelide.com

Foliada de As Pontes


¡E xa imos na número 30!


Comezamos
o 2010 para celebrar a Foliada número 30. En marzo fai 4 anos que se
iniciou este proxecto que da cabida a música Tradicional da nosa terra.

Será a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de As Pontes
quen inaugure o ano 2010, a formación mais numerosa que se sube ao
esceario do Lar. A Escola está formada por xente de todas as idades,
dende os cinco anos ata os setenta e moitos. Esta Escola empezou a sua
andaina a finais dos oitenta, e xa conta con mais de vinte de
existencia, por aquí pasou moita xente que hoxe forman outros grupos da
Vila, tamén mestres con gran carisma como Ramón O "Municpal".
Ata
o ano pasado tiñan adquiridos uns compromisos anuais que cumprian
desinteresadamente participando no Festival Folclórico Internacional,
pasarrúas do Carme, Feiras do Grelo e dos Cogumelos, Cabalgata de Reis
e na Procesión do Carme. Agora por problemas alleos ás persoas
compoñentes, non participan en ningun acto organizado polo Concello.

A
continuación o prato forte da xornada, veñen de varias zonas de Galiza
ainda que a sua sede está en Lugo, e éles forman a Escola Luguesa de
Zanfona e Canto, xente moi coñecida nas suas filas, alguns deles
asiduos das Foliadas Pontesas, e comandados polo "Zar" da música
Tradicional Galega, Luis "Caruncho" e tamén patrocinada pola AGG (Asociacion Galega de Gaiteiros).

Así fan os bailadores

Este Sábado día 23 de
xaneiro, ás 19 horas, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo
(Praza Maior, 23) terá lugar a presentacion do libro "Así fan os
bailadores".

O acto será presentado polos autores, tamén participarán bailadores e bailadoras de Cántigas e Frores.

"Así
fan os bailadores…" contén unha compilación de danzas e bailes
tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego. O libro

consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e
cinetogramas,
fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver ditas
danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao
vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que posúe a
calidade requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben
á escoita por pracer.

O interese da obra vai moito máis aló da
mera práctica, visualización e escoita da música nela contida, ao
incluír a reprodución en cinetografía das danzas e bailes practicados.
Un método de escrita aplicado á danza, ideado por Rudolf Laban a
comezos do século XX e coordinado nesta obra por János Fügedi, profesor
na Academia Húngara de Danza e investigador do Instituto de Musicoloxía
da Academia Húngara das Ciencias de Budapest.

Este traballo está
dirixido a profesores de Educación primaria e secundaria, así como
doutros niveis educativos, animadores culturais e monitores de tempo de
lecer, e mestres de baile tradicional; tampouco esquecimos ás familias
que queiran iniciar ás nenas e nenos nos nosos bailes e danzas, que
conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial.

A.G.G.

16 Noites de Tasca

Véndese caravana Ace Camel 380 ET

Véndese caravana Ace Camel 380 ET

Vendo Caravana Ace Camel 380 ET. Non necesita ser matriculada, nin seguro
nin ITV (menos de 750 kg), seminova, dous salons convertibles en cama e
unha litera opcional. Baño con inodoro xiratorio Thetford extraible
desde fora, ducha e lavabo, cociña de dous fogos, frigorífico
trivalente 80 L, mosquiteras-oscurecedor enrollable en ventanas,
cristal doble en ventanas, armario alto en aseo, estabilizador Alco con
antiroubo, rodas de carga, terceira luz de freno. Extras: antena Tv
direccional, cortina en porta entrada, escalón de acceso,
portabicicletas, roda de reposto, depósito de auguas sucias exterior
con rodas, cerradura de seguridade, toldo de veran, tienda cociña,
bombona de butano, espellos para o coche. Sempre en garaxe, con cinco
saidas una por año e mui cuidada.

Teléfono: 654165194

Lateral


Traseira


Baixos e roda de reposto


Cociña e fregadeiro


Baño

Serán Prado da Canda

Voces e Gaitas Fusquenllas en Marín


Voces e Gaitas Fusquenllas en Marín

Este venres día 15, ás 21,30 horas terá lugar o concerto de
inauguración da VI Mostra de Cuartetos Tradicionais a cargo de "Voces e
Gaitas Fusquenllas".

Raúl Galego, o motor desta formación
describe este proxecto do seguinte xeito: "Voces e Gaitas veñen de seu.
Veñen de se xuntaren a fame coas ganas de comer. Gaiteiros todos eles
con gusto pola música tradicional, do canto e da gaita, e da
intersección das dúas formas. E son Fusquenllas na tolería de recuperar
a voz humana para a nosa música instrumental, ao xeito que fixeran
noutrora dende Pontevedra Aires da Terra de Perfecto Feijoo, e na loita
contracorrente da uniformidade, dos xeitos alienantes, da
globalización.

Son un cuarteto de gaitas que canta, con dúas
voces que reforzan. Son catro a cantar : Bea e Raquel Iglesias, Antón
Raposo e Hugo Arias, e máis a repartise na percusión; e dous a tocar
gaitas: Emilio Lois e Raúl Galego. Andaron por rueiros e corredoiras
tocando en alboradas, foliadas e seráns. Andaron subidos aos palcos en
festas e romarías, e nos escenarios de festivais e concertos. Veñen da
experiencia de grandes e sonoras agrupacións como Cántigas da Terra,
Palla Mallada, Brincadeira e de Ultreia e de moitos outros grupos
sempre vinculados coa música tradicional. E veñen para se xuntaren na
recuperación da calor e do color da voz humana mesturada coas gaitas e
a percusión, en pezas de repertorio dos arquivos, cantadas nas aldeas,
cantadas nas tabernas, con sinxeleza, con naturalidade".

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

           

 

21 DE XANEIRO:

PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

 

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades
educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao
decretazo contra o galego.

 

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o
idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos
impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura,
independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de
xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.

 

Por que rexeitamos este decretazo?

 

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa
educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.

Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para
conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas
urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa
lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado
a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

 

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade
galega.

O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso
do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este
decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do
serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

 

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos
nos centros.

A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema
ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente
consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que
pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro
anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación
das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se
pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde
a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios
pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

 

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai
impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente
inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.

O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de
“plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés
para camuflar  propagandisticamente o
ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un
reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os
recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as
das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no
sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis
recursos e con grupos máis reducidos.

 

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por
consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.

O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente
vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e
13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8).
Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados
internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

 

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que
haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.

Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que,
independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as
galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para
discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos,
garantindo a igualdade de dereitos.

 

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as
comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se
escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda
en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do
profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e
todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto contra o galego, ao contrario,
non xera máis que rexeitamento e preocupación.

 

 

O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO

EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

 

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

 

HABERÁ AUTOBUSES DESDE DIFERENTES PUNTOS DO PAÍS

Infórmate en queremosgalego.org

 

 Se quixeres colaborar achegámosche deste número de conta
onde poderás facer a túa aportación:

2100 5753 01 0200053054

Homenaxe a Castelao

Medio cento de persoas lembraron onte nas Pontes á figura de Castelao

momento do acto celebrado onte nas Pontes d.a..


Unhas
50 persoas participaron o luns no acto que desde hai dez anos a
Mesa de Normalización Lingüística promove nas Pontes, en colaboración
co devandito Concello, para lembrar á figura de Castelao cando se
cumplen 60 anos da súa morte, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires. Como
é habitual, a cita incluiu unha ofrenda floral diante do monolito de
pedra adicado ao intelectual galego e que está ubicado no parque
municipal da vila pontesa.

Alí, e pese ás baixas temperaturas que
aínda ás doce do mediodía se rexistraban na zona, os participantes
entonaron, baixo o son da gaita galega, o himno do país, procedéndose
tamén á lectura duns poemas por parte de oito alumnas dos colexios da
vila, que recibiron como agasallo pola súa participación un libro de
poesía. O acto contou tamén coa colaboración do poeta pontés Aníbal, a
concelleira de cultura, Eva Conde, e o responsable na zona da Mesa de
Normalización Lingüística, Xosé Manuel Ribeira.

Reivindicación
> O propio Ribeira salientou a participación no acto de onte,
superior á de anos anteriores, e incidiu na necesidade de reivindicar a
figura dun home que, a pesar do que poida parecer, “segue sendo un gran
descoñecido”, apuntando así mesmo á súa obra “Sempre en Galiza” como un
“libro pedagóxico” de primeira orde. En contra do que sucede con moitos
políticos na actualidade, que fan da política unha profesión, dixo
Ribeira, “Castelao era médico e adicouse á política para defender o
país”. A cita de onte tamén serviu para defender a normalización da
lingua galega en todos os ámbitos, especialmente na escola, criticando
así o borrador do novo decreto do galego no ensino da actual Xunta.

%d bloggers like this: