Homenaxe a Castelao

Medio cento de persoas lembraron onte nas Pontes á figura de Castelao

momento do acto celebrado onte nas Pontes d.a..


Unhas
50 persoas participaron o luns no acto que desde hai dez anos a
Mesa de Normalización Lingüística promove nas Pontes, en colaboración
co devandito Concello, para lembrar á figura de Castelao cando se
cumplen 60 anos da súa morte, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires. Como
é habitual, a cita incluiu unha ofrenda floral diante do monolito de
pedra adicado ao intelectual galego e que está ubicado no parque
municipal da vila pontesa.

Alí, e pese ás baixas temperaturas que
aínda ás doce do mediodía se rexistraban na zona, os participantes
entonaron, baixo o son da gaita galega, o himno do país, procedéndose
tamén á lectura duns poemas por parte de oito alumnas dos colexios da
vila, que recibiron como agasallo pola súa participación un libro de
poesía. O acto contou tamén coa colaboración do poeta pontés Aníbal, a
concelleira de cultura, Eva Conde, e o responsable na zona da Mesa de
Normalización Lingüística, Xosé Manuel Ribeira.

Reivindicación
> O propio Ribeira salientou a participación no acto de onte,
superior á de anos anteriores, e incidiu na necesidade de reivindicar a
figura dun home que, a pesar do que poida parecer, “segue sendo un gran
descoñecido”, apuntando así mesmo á súa obra “Sempre en Galiza” como un
“libro pedagóxico” de primeira orde. En contra do que sucede con moitos
políticos na actualidade, que fan da política unha profesión, dixo
Ribeira, “Castelao era médico e adicouse á política para defender o
país”. A cita de onte tamén serviu para defender a normalización da
lingua galega en todos os ámbitos, especialmente na escola, criticando
así o borrador do novo decreto do galego no ensino da actual Xunta.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 13 Xaneiro, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: