Monthly Archives: Febreiro 2010

Bailabén: manual de aprendizaxe do baile tradicional galego

Bailabén:
manual de aprendizaxe do baile tradicional galego

Bailabén é o título da guía
de aprendizaxe do baile tradicional que vén de sacar do prelo Edicións
do Cumio. A obra pretende achegar material didáctico aos profesores de
Primaria e Secundaria e afeccionados e ensinantes do baile tradicional.
Os ensinantes Edith Cotilla e Gustavo Couto firman a publicación que se
vende acompañada dun DVD.

A obra, acompañada dun DVD,
conta con explicacións detalladas, secuencias de fotografías nas que
ver os movementos con detalle e un vídeo de máis dunha hora de duración
no que se poden atopra todos os pasos e bailes básicos do baile
tradicional galego. O prezo do volume co DVD é de 25 euros.

www.anosaterra.org
www.cumio.com

Foliada das Pontes

FOLIADA NO LAR

(As Pontes)

As
Foliadas do Lar están a ser xa unha boa referencia dentro do mundiño
tradicional galego. Cada derradeiro venres de mes, visítanos algún
personaxe relevante dentro do ámbito da música e o folclore galego.
Na vindeira edición contamos co grupo "Os Azoughados de Churio"
son uns bons amig@s que se desplazan dende Betanzos, son habituales nas
foliadas e festas con sabor gaiteiro de todo o pais, por iso queren
estrenarse tamén no Lar de As Pontes.
O grupo local e anfitrión de este mes será "No Cómbaro" que cun repertrio renovado e a súa "Música de Taberna" intentaran entretener durante uns minutos a xente que se achegue ata O Poboado das Veigas.


¡Animo que xa imos na foliada Nº 31! 
Xa o dixo Xurxo Souto ¡As Pontes vive!

VENRESPIRAR 2010

COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!


 
FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN ESTE ANO,
NO ÚLTIMO VENRES DE CADA MES
(COMEZAN AS 22:30)
 
 
ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE
 
QUEDADES TODOS CONVIDADOS A VIR E PARTICIPAR
 
(Últimos venres de cada mes)
Febreiro……. Grándola
Marzo……… Liceo
Abril……….. Efémera
Maio………..Ollo ledo
Xuño………..Efémera

GALIZA NON SE VENDE


5º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE

GALIZA NON SE VENDE

O sábado 20 de febreiro ás 19:30 h, no Centro Social A Fouce de Bertamiráns na II Caravana Reivindicartiva de Galiza Non Se Vende actuarán Mini e Mero, do grupo A Quenlla. Música de raiz.

Entrada de Balde.

Esta
Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia,
rematará o 21 de marzo, cunha grande MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCCIÓN
DO TERRITORIO:

Domingo 21 de marzo ás 12:00 h na Alameda de Compostela

SALVEMOS A COSTA, NON AO PLAN DO LITORAL
POR UNHA ORDENACIÓN RACIONAL DO TERRITORIO
POLA DEFENSA DOS SECTORES PRIMARIOS: SOBERANIA ALIMENTARIA E ENERXÉTICA
E POR OUTRO MODELO DE TRANSPORTE.

www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

http://galizanonsevende.org/

17 Noites de Tasca (Ordes)

17 Noites de Tasca (Ordes)

O venres 26 de febreiro dende as 22:00 h no restaurante O Panadeiro (Pol. de O Acevedo, Cerceda, enfronte ao Parque Acuático, Aquapark)  celébrase as 17as Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes.

Nesta ocasión contaremos coa presenza do grupo Manca na Cheda de Mondoñedo e despóis Foliada coas Pandereteiras das Encrobas, os Gaiteiros da A.F.C. San Martiño…e máis.

VEN TOCAR CON NÓS!!

ANHA URBANA 2010

ANHA URBANA 2010

   Convocatória da Anha Urbana 2010,

   que terá lugar en Pontevedra o 24 de Abril.



E
ste ano a convocatória é aberta a calquer agrupación ou entidade que desexe participar, en sinal de
protesta polo boicot ao que é sometida a nosa asociación por parte da asesoria técnica do concello de Pontevedra.
Asi pois, o obxectivo é acadar o maior número de participantes posíbel nas seguintes modalidades:

  • Participación individual: calquera se pode inscribir nos obradoiros
    que terán lugar durante os meses de marzo e abril (inscricións e
    información en trepja@gmail.com )
    Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo


  • Participación colectiva: calquera agrupación que se anime a
    participar tocando e/ou bailando as suas añas polas prazas da cidade
    (info e inscricións en trepja@gmail.com ou no facebook de trépia)
    Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo


  • Adhesión à iniciativa: Agrupacións ou colectivos que, non podendo
    participar de facto no evento, desexen adherir-se à iniciativa en sinal
    de apoio. Estes participantes enviarán os seus logótipos a trepja@gmail.com para seren impresos nas publicidades do evento (carteis, panfletos, etc.) de xeito gratuito.
    Trata-se de demostrar publicamente que a nosa cultura tradicional non é
    cousa de "catro gatos" pirados que tocan os sachos, senón que hai muita
    xente en todo o país adicando-se a recuperar e manter a nosa música
    tradicional (inda que en Pontevedra xa non queden mais agrupacións
    grazas ao desartellamento paulatino do tecido asociativo que outrora
    tivo esta cidade adicado a este tipo de actividades -mais de 8
    agrupacións culturais ou folclóricas no 2000, apenas 3 en funcionamento
    hoxe en dia-).

Mais información en: WWW.trepia.org

Desfile de Entroido 2010

A Troula Carnavaleira
durante o desfile do martes

Fonte: Diario de Ferrol

XXX Feira do Grelo

A Feira do Grelo das Pontes repartiu máis de medio milleiro de racións de cocido


A
tradicional Feira do Grelo das Pontes celebrou o seu trinta cumpreanos
con numeroso público que, desafiando ás baixas temperaturas rexistradas
onte, se achegou ás diferentes actividades programadas no certame, que
repartiu máis de 500 racións de cocido.

As
Pontes volveu onte render homenaxe ó seu produto máis querido no día
dos namorados. A pesar do intenso frío que se rexistrou na localidade,
foron moitos os que desafiaron ó termómetro para degustar os mellores
grelos e participar nas diferentes actividades programadas na feira,
que ademais se contaxiou do espíritu do Entroido.

Segundo indicaron
dende o goberno local, distribuíronse aproximadamente 500 racións, unha
cifra que consideraron semellante á da edición pasada. Tamén se
amosaron satisfeitos coa afluencia de público, a pesar do frío e das
obras que se están a realizar no centro urbano, circunstancia que levou
a repartir as actividades en diferentes emprazamentos.

As
temperaturas tamén beneficiaron os establecementos de hostalería da
localidade, nos que moitos dos asistentes se refuxiaron do frío.

Programa
> Como vén sendo habitual, a xornada arrancou co tradicional
concurso de cestas. Unha vez inscritos os participantes, o público
puido contemplar as diferentes creacións, expostas este ano na Praza de
América por mor das obras no parque municipal. O certame repartía un
total de 1.500 euros para os gañadores e finalistas nas modalidades de
cesta mellor engalanada e con grelos de mellor calidade.

A
entrega de premios celebrouse cara ó mediodía no patio do colexio de
Santa María. Mentres, puxéronse á venda o resto dos grelos, que segundo
testemuños dos asistentes se esgotaron con rapidez.

Para animar
ós visitantes, tamén houbo tempo para a música. A charanga Os Ponteses,
a agrupacón Os Trevillas, a banda de gaitas Alfaia e os membros da
agrupación cultural Alende percorreron as rúas do centro amenizando a
mañá.

Degustación > A partires das doce e media
comezaría o acto principal do día, a degustación popular de cocido.
Este ano, o responsable do menú foi Jorge López, xerente do restaurante
pontés Cinco Jotas. Era a primeira vez que se encargaba a tarefa a un
restaurador local e, segundo aseguraron dende o Concello, cumpríronse
todas as expectativas, con racións abundantes e que gañaron os padais
dos comensais. En particular, o caldo que se serviu acompañando ó
cocido foi especialmente ben recibido. Tamén se contou coa colaboración
como xefe de cociña de Héctor González, profesor de cociña na Escola de
Hostelería de Tapia de Casariego, e con persoal da Escola de Hostelería
de Foz.

Tamén no eido gastronómico, outro dos grandes
protagonistas da xornada foi a freixoeira, instalada este ano a carón
da Casa de Don Pedro e na que os máis larpeiros puideron adquirir este
típico doce de Entroido. Como proba do éxito, antes das dúas da tarde
xa se repartiran arredor de 400 racións, que se vendían a un prezo de
un euro por tres unidades.

Así mesmo, a feira complementouse con
diferentes actividades paralelas. Os visitantes puideron achegarse a
ver a mostra Contornos, na sala de exposicións do Mercado Vello,
integrada por unha selección de pezas de torneiros. Tamén puideron
percorrer as diferentes exposicións que reu-nían, entre outras cousas,
produtos de artesanía e de alimentación, con especial presencia dos
elaborados na comarca do Eume, coma o mel.

O programa tamén
incluía unha demostración en vivo do traballo artesanal da madeira,
coma a confección de utensilios ou as técnicas de tallado e
pirogravado, a cargo do colectivo Amigos da Madeira.

Comparsas
> E como este ano coincidiron no calendario a feira e o principal
domingo de Entroido, a xornada encadeouse pola tarde co tradicional
Festival de Comparsas. O auditorio muncipal Alovi acolleu o certame,
que xa conta con sete edicións cumpridas, no que varias agrupacións do
municipio repasaron dende o humor a actualidade deste ano.

Fonte: Diario de Ferrol

Os intrumentos musicais na tradición galega


Presentación de "Os intrumentos musicais na tradición galega"

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo acolleu onte a
presentación do libro de Pablo Carpintero "Os instrumentos musicais na
tradición galega" , un gran traballo de recuperación da historia
musical de Galicia que estase a presentar por toda a comunidade.

Este
logro forma parte do Proxecto Ronsel que xurde da colaboración entre a
Consellería de Cultura e Deporte, Innovación e Industria, a Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta (AGADER) e as Universidades
galegas. As guías fundamentais son a realización do inventario e a
salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de
Galicia.

Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais da
Universidade de Vigo e director deste proxecto, explica que a
catalogación dos instrumentos fora algo pendente e a materialización do
traballo veuse acompañada pola boa resposta que acada nas librerías,
nas que a primeira edición do libro está a piques de esgotarse.

No
acto interviu tamén o internacional gaiteiro vigués Carlos Núñez, que
dende novo traballou perto de Antón Corral, un dos maestros na
construción de instrumentos tradicionais.

A presentación incluiu un breve pero intenso concerto didáctico de Pablo Carpintero.

Gravación do disco a Freixo


Gravación do disco a Freixo


O vindeiro sábado 6 de Marzo as 14:00 horas é por iniciativa de Benito, os gaitiros de As Pontes, organizan unha comida no local do pulpo da Fraga coa intención de recaudar algún carto para a gravación de un disco que se lle vai facer o Gaiteiro Freixo. Poderán participar todas as persoas que o desexen previo pago de 20 € os maiores e 5 € os nenos. Para apuntarse haberá que contactar con: Benito, Jaime, José Manuel ou Lamas.
O remate do xantar haberá "festa rachada" con Repichoca internacional asegurada.

O Gaiteiro Freixo de 91 anos de idade

 

%d bloggers like this: