Monthly Archives: Marzo 2010

Repichoca no Bar de Tony


JORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL PONFERRDA

Desde el 4 de diciembre de 2009 hasta el 28 de marzo de 2010.

CONCIERTOS:
miércoles 31 de marzo
Brandal, concierto presentación de su nuevo disco.
Lugar: Sala Tararí (calle del Reloj) a las 23.00 horas. Entrada gratuíta.

jueves 1 de abril 
Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes (Galicia)   

Galundum Galundaina (Portugal)


viernes 2 de abril
Grupo de Danzas y Gaitas "El Castro" de Columbrianos (El Bierzo)
Os Roncos do Diabo (Portugal)

sábado 3 de abril FIN DE FIESTA
Banda de Gaitas Abelladeira (El Bierzo)
Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas y Edelmiro Fernández (Galicia)
Os Carunchos (Galicia)

***

Todos los conciertos excepto el del día 31 de marzo se celebrarán en el antiguo economato de Compostilla. (Poblado de Compostilla, Avda. Diagonal Compostilla 18, Ponferrada)
Hora: 23.00 horas

I Serán en Pazos


I Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

V Foliada de Cerqueda


V Foliada de Cerqueda (Malpica)


A Asociación Cultural Raigañas ten o pracer de invitarvos á V
Foliada que se celebrará en Cerqueda o sábado 27 de marzo a partir das
10.30 da noite.

Ó igual co ano pasado a Foliada terá lugar nas Escolas das Pozacas
debaixo dunha gran carpa. Haberá comida e bebida para quen desexe cear
alí e a festa estará amenizada polo grupo de música tradicional
“Tombalobos Orquestra” que nos deleiteará coa súa música para que
pasemos unha noite entretida e divertida. Ademáis subrián ó escenario
todos aqueles grupos que queiran tocar por libre. E a partir das 3.30 da
mañá actuará o artista Manolo Delfín alias “Pixitas de Muxía” que fai
versions moi deivertidas de cancións actuais.

Para nós será un pracer contar con vós ese día, ¡NON FALTEDES, NON VOS
ARREPENTIREDES!

Asociación Cultural Raigañas
Cerqueda-Malpica

Foliada das Pontes

FOLIADA NO LAR

(As Pontes)

O venres, día 26 temos "FOLIADA" no Lar. O grupo local, Os Suplentes, ademais de organizala este mes, serán quen poñan a música xunto coas suas invitadas, son unha nova formación composta por catro rapazas de Ferrolterra baixo o nome de Tarrañolas. As compoñentes de Tarrañolas son: Patricia Miras (tambor, percusións e voz), Sonia Busto (pandereita, percusións e voz), Cristina Alonso (bombo, percusións e voz) e Davinia Rodríguez (gaita e voz)

18 Noites de Tasca

18 Edición de Noites de Tasca

A 18ª edición das "Noites de Tasca" celebrarase en Mesía (A Coruña) o
vindeiro venres 26 de marzo no Bar Quique (fronte a igrexa).
Actuará
Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde (Ordes) e os membros
da Escola de Música Tradicional de Mesía.
E despois, Foliada
toda a noite con participación aberta a todos.

XORNADAS ADICADAS AO TRAXE TRADICIONAL NA TRADESCOLA


XORNADAS
ADICADAS AO
TRAXE TRADICIONAL NA TRADESCOLA


 


A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de
Gaiteiros Galegos, ven de organizar unha exposición de traxes
tradicionais galegos que se poderá visitar na sala de exposicións do
Complexo Residencial Xuvenil LUG II de Lugo a vindeira semana.
Nesta
exposición, que está formada por un total de 20 traxes da colección de
Alberto Golpe, poderemos ver a diversidade do traxe tradicional galego e
a súa riqueza etnográfica.

En concreto, na exposición poderanse
observar catro traxes antigos femeninos de cerimonia de Betanzos, Meira,
Cedeira e A Ulla, un traxe antigo montañes de Vilalba, tres
reproduccions de traxes de cerimonia de muller de Bergantiños, Muros e
Amaia, oito reproduccions de traxes montañeses de muller de Portomarin,
Muras, Carballedo, Monterroso, Mesia, Abadin e Sarria, e catro traxes
de home montañeses e de cerimonia, todos eles traxes completos, con
calzado, complementos e adornos propios do vestir doutro tempo.

A
maiores da exposición, o venres día 26 de marzo ás 18.30 h. terá lugar
unha charla coloquio onde Alberto Golpe explicará aos asistentes a
orixe e evolución histórica de cada unha das prendas e dos seus
complementos, os seus materiais en función dos labores típicos, dos
costumes, e da tradición ou condicións socioeconómicas da cada zona.

Estas
xornadas están enmarcadas dentro dun conxunto de actividades realizadas
pola Tradescola, co propósito de acercar a cultura tradicional galega a
toda a poboación. A AGG mostra así a súa inquedanza por manter a
riqueza da vestimenta tradicional e conservar así esta parte da nosa
cultura.

Ésta exposición permanecerá aberta dende o día 22 ata o
día 28 de Marzo do 2010 en horario de tarde no Complexo Residencial
Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración
terá lugar o vindeiro martes 23 de Marzo ás 20.00 horas.

Fonte: AGG

Festa Furancheira en Picoña

Festa Furancheira en Picoña
(Salcedo de Caselas)

Foliada na Baña

Foliada na Baña o 19 de marzo a partir das 9:30. Tódolos cartos que se
saquen do bochinche servirán para o financiamento da festa rachada que
todolos veráns se celebra na Area Recreativa de Chans. Estades todos
convidados!! traede instrumentos e ganas de botar unha baila…

ZEPPELIN CAFE BAR

ZEPPELIN CAFE BAR

O venres 12, as 12:00 da noite, concerto de Muxarega no Bar Zeppelin commemorando o primeiro aniversario da apertura de este local.

Formación actual de Muxarega pretiño de cumprir 15 anos


%d bloggers like this: