CANTARES DE BRIÓN


CONSTITUÍUSE O CORO TRADICIONAL
CANTARES DE BRIÓN EN VINCIOS

O pasado domingo 7 de marzo constituíuse en Vincios
(Gondomar), no seo do Centro Cultural, o Coro Tradicional
Cantares do Brión
. A formación, con máis de sesenta compoñentes
de distintas idades e procedencias xeográficas, distribúese en catro
cordas (soprano, contralto, tenor e baixo) e conta cun repertorio
variado de pezas tradicionais, entre as que destacan as pandeiradas, as
foliadas, os maneos e as muiñeiras. Ademais das voces, no coro tamén se
emprega distintos instrumentos musicais propios da tradición galega,
como a gaita, o tamboril, o bombo, a pandeireta e as cunchas.

Na asemblea do pasado domingo, o Coro Tradicional Cantares do Brión
aprobou o seu regulamento interno de funcionamento e elixiu o presidente
e a comisión do coro, que se encargarán da organización. Nesa mesma
xuntanza ratificouse a Pablo Rial como director musical
da agrupación, papel que xa viña desempeñando dende os primeiros
ensaios, en decembro de 2008. O músico, veciño de Vincios, é un dos
compoñentes do recoñecido grupo de música tradicional Os Carunchos e
posúe un amplo coñecemento e experiencia no ámbito da música tradicional
galega en xeral e do canto coral en particular.

Os
integrantes deste Coro tradicional, un dos poucos que nestes momentos
existen en Galicia, deixaron claros nesta reunión os obxectivos que
pretenden conseguir e que quedaron plamados no propio regulamento
interno: “O Coro Tradicional Cantares do Brión terá como finalidade
primordial o cultivo, divulgación e restitución do canto e da música
tradicionais de Galicia”. Ademais, a agrupación fomentará a
investigación e o emprego do traxe popular galego e desenvolverá todas
as súas actividades en idioma galego.

De momento só tiveron
dúas actuacións en público e aínda non fixeron a estrea oficial, que se
espera que sexa no verán deste ano, cando xa todos teñan confeccionada a
vestimenta adecuada ao seu estilo musical.

Fonte: AGG

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 11 Marzo, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. So desexar que teñades moitos exitos e polomenos que disfrutedes do que queredes facér, moitas felicidades e sobor todo sorte, por a miña parte, as veces que poida estarei no lugár no que estedes actuando.

  2. Non me lembrei de poñelo nome o que me dirixo, o poño agora, este no e outro que CANTARES DE BRIÖN DE VINCIOS, cando sexa a presentción oficial, hay que organizalo po todo o alto e que sexa nun locál adecuado para tal evento sen escequerse do publico pra que esté comodo, me refiroa capacidade.

  3. Maria García - Fundación Alba Pérez

    Deseaba hablar con ustedes, pero no sé porq medio. Un saludo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: