XORNADAS ADICADAS AO TRAXE TRADICIONAL NA TRADESCOLA


XORNADAS
ADICADAS AO
TRAXE TRADICIONAL NA TRADESCOLA


 


A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de
Gaiteiros Galegos, ven de organizar unha exposición de traxes
tradicionais galegos que se poderá visitar na sala de exposicións do
Complexo Residencial Xuvenil LUG II de Lugo a vindeira semana.
Nesta
exposición, que está formada por un total de 20 traxes da colección de
Alberto Golpe, poderemos ver a diversidade do traxe tradicional galego e
a súa riqueza etnográfica.

En concreto, na exposición poderanse
observar catro traxes antigos femeninos de cerimonia de Betanzos, Meira,
Cedeira e A Ulla, un traxe antigo montañes de Vilalba, tres
reproduccions de traxes de cerimonia de muller de Bergantiños, Muros e
Amaia, oito reproduccions de traxes montañeses de muller de Portomarin,
Muras, Carballedo, Monterroso, Mesia, Abadin e Sarria, e catro traxes
de home montañeses e de cerimonia, todos eles traxes completos, con
calzado, complementos e adornos propios do vestir doutro tempo.

A
maiores da exposición, o venres día 26 de marzo ás 18.30 h. terá lugar
unha charla coloquio onde Alberto Golpe explicará aos asistentes a
orixe e evolución histórica de cada unha das prendas e dos seus
complementos, os seus materiais en función dos labores típicos, dos
costumes, e da tradición ou condicións socioeconómicas da cada zona.

Estas
xornadas están enmarcadas dentro dun conxunto de actividades realizadas
pola Tradescola, co propósito de acercar a cultura tradicional galega a
toda a poboación. A AGG mostra así a súa inquedanza por manter a
riqueza da vestimenta tradicional e conservar así esta parte da nosa
cultura.

Ésta exposición permanecerá aberta dende o día 22 ata o
día 28 de Marzo do 2010 en horario de tarde no Complexo Residencial
Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración
terá lugar o vindeiro martes 23 de Marzo ás 20.00 horas.

Fonte: AGG

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 19 Marzo, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: