Monthly Archives: Abril 2010

VII REPICHOCA VILA DE AS PONTES

VII REPICHOCA

Está aberto o prrazo para apuntarse e participar na VII Repichova Vila de As Pontes.

Os interesados deberán
contactar con:

 – Benito
 – Jaime
 – José Manuel

Teléfonos de contacto: 654164018 – 619571961

Menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ……(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 10 para os nenos menores de 11 anos)

O plazo para anotarse remata o 1º de Maio

Lugar: No local do pulpo da Fraga

Organiza: Bieito Rivas axudado por os compoñentes dos grupos de música tradicional de As Pontes

Advertisements

Trata de II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA (Melide)

 

II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA
(MELIDE)

A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h

Estes son os grupos que participarán no Concurso de cantos de taberna

1. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso)
4. FIADEIRA (Antas de Ulla)
5. MAGHÚA (A Coruña)
6. BINGO BIRÓN (Toques)
7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
8. REVIRAVOLTA (O Pino)
9. ALÉN DO MAR (Bergondo)
10. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
11. A REQUINTA DA LAXEIRA (Vedra)
12. AIRIÑOS GALEGOS (Santurce)

Farán un percorrido por 14 locais. Os tres grupos que obteñan maior puntuación serán os gañadores do concurso.

Se che gusta a festa… non te perdas o concurso de cantos de taberna!!!… esperámoste!!!

BASES
1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición

2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes

3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide[arroba]gmail.com, ou ben chamando o tlf: 699 173 568

4. O repertorio será preferiblemente tradicional

5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización

6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas

7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente

8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso

9. Establécense tres premios:

1º premio: cea nun reastaurante da vila

2º premio: cesta de productos típicos

3º premio: cesta de productos típicos

10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores.

Mais información en: http://www.foliadamelide.com/

SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA CANTO TRADICIONAL


A AGG colabora un ano
máis coa Foliada de Melide, organizando na
súa VI Edición un Seminario de Percusion para Canto tradicional para o
cal
contaremos coa presenza de Pablo Carpintero cun relatorio e de Marita
Guiadáns
cunha sesión práctica.
 

Se tiveramos que
buscar as claves que definen unha tradición , as características que fan
de
cada cultura un feito diferente, seguramente, teríamos, en primeiro
termo, a
fala e se aplicamos isto ó mundo da música temos, no cancioneiro
tradicional
galego, un dos alicerces da nosa tradición.

Por outra banda,
unha parte importantísima deste cancioneiro é o seu acompañamento
mediante
instrumentos de percusión de moi variada índole. A través deste
seminario , a
AGG quere poñer en valor e afondar nese aspecto da nosa música.

  Para asistir ó
seminario deberase enviar o impreso de inscrición, que que vai axunto a
esta
mensaxe e envíalo, debidamente cuberto, por correo convencional á Rúa
Alfonso
XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a
secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de
inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En
tal
caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes
de
inscrición. A matrícula é gratuíta.


Fonte: AGG

Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

FESTIVAL QUEREMOS GALEGO

 

FESTIVAL QUEREMOS GALEGO:

Música contra o decretazo

Macroconcerto en Pontevedra, 15 grupos galegos nun concerto que demostra que a cultura galega non está nin ensimesmada nin acomplexada.

O 17 de abril do 2010 no Recinto Feiral de Pontevedra a partires das 19:30pm FESTIVAL QUEREMOS GALEGO. Actúan 15 grupos: Ruxe Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, Fía na Roca, García MC, Galegoz, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido, Uxía Senlle, Berrogüeto e Asoc. de Gaiteiros Galegos.

CONCERTO HISTÓRICO!!!!!

Mais información en: http://www.queremosgalego.org/

Seran de Angudes

XV Xantar Gaiteiro (2010)

XV Xantar Gaiteiro (2010)

Aínda estades a tempo para anotarvos no XV Xantar Gaiteiro, amplíase o
prazo ata o Venres 9 de Abril.

Un ano máis, a Asociación de
Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XV Xantar Gaiteiro. Será o
vindeiro Domingo 11 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante Agarimo de
Lalín.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un
día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen
así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música
co resto de convidad@s despois do
xantar.
Para asistir ao XV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en
contacto connosco antes do 9 de Abril, indicando, se é o caso, o número
de persoas que te acompañarán. Máis abaixo tes diversos xeitos para
facelo.

• DATA: 11de Abril de 2009. 14:30 horas (prégase
puntualidade).
• LUGAR: Restaurante Agarimo – 986 78 09 02. Avda de
Montserrat 2, 36500 Lalín. Pontevedra
• MENÚ: Cocido Completo. Queixo
con marmelo, leite fritido e filloas. Auga, mencía, augardente e
queimada.
• PREZO: O prezo é de 25 euros por persoa que serán
entregados ao entrar.
• RESERVA: secretaria@gaiteirosgalegos.com
. Teléfono/Fax: 986 847 074

Agardamos a túa participación

Fonte: AGG

%d bloggers like this: