XV Xantar Gaiteiro (2010)

XV Xantar Gaiteiro (2010)

Aínda estades a tempo para anotarvos no XV Xantar Gaiteiro, amplíase o
prazo ata o Venres 9 de Abril.

Un ano máis, a Asociación de
Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XV Xantar Gaiteiro. Será o
vindeiro Domingo 11 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante Agarimo de
Lalín.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un
día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen
así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música
co resto de convidad@s despois do
xantar.
Para asistir ao XV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en
contacto connosco antes do 9 de Abril, indicando, se é o caso, o número
de persoas que te acompañarán. Máis abaixo tes diversos xeitos para
facelo.

• DATA: 11de Abril de 2009. 14:30 horas (prégase
puntualidade).
• LUGAR: Restaurante Agarimo – 986 78 09 02. Avda de
Montserrat 2, 36500 Lalín. Pontevedra
• MENÚ: Cocido Completo. Queixo
con marmelo, leite fritido e filloas. Auga, mencía, augardente e
queimada.
• PREZO: O prezo é de 25 euros por persoa que serán
entregados ao entrar.
• RESERVA: secretaria@gaiteirosgalegos.com
. Teléfono/Fax: 986 847 074

Agardamos a túa participación

Fonte: AGG

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 7 Abril, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: