SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA CANTO TRADICIONAL


A AGG colabora un ano
máis coa Foliada de Melide, organizando na
súa VI Edición un Seminario de Percusion para Canto tradicional para o
cal
contaremos coa presenza de Pablo Carpintero cun relatorio e de Marita
Guiadáns
cunha sesión práctica.
 

Se tiveramos que
buscar as claves que definen unha tradición , as características que fan
de
cada cultura un feito diferente, seguramente, teríamos, en primeiro
termo, a
fala e se aplicamos isto ó mundo da música temos, no cancioneiro
tradicional
galego, un dos alicerces da nosa tradición.

Por outra banda,
unha parte importantísima deste cancioneiro é o seu acompañamento
mediante
instrumentos de percusión de moi variada índole. A través deste
seminario , a
AGG quere poñer en valor e afondar nese aspecto da nosa música.

  Para asistir ó
seminario deberase enviar o impreso de inscrición, que que vai axunto a
esta
mensaxe e envíalo, debidamente cuberto, por correo convencional á Rúa
Alfonso
XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a
secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de
inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En
tal
caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes
de
inscrición. A matrícula é gratuíta.


Fonte: AGG

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 14 Abril, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: