Monthly Archives: Maio 2010

Homenaxe ó Mestre Enrique Otero

 
 

 

O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40€ praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo secretaria@gaiteirosgalegos.com

Fonte: AGG

Advertisements

XI ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

 
XI ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO
(SILLEDA)
 
 

 

Celebrarase o 5 de Xuño do 2010

13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

•Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

• "RESPIRAR NA PUNTA DOS DEDOS" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos.

• MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira…

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)

DURANTE A TARDE:

• XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES

• "BUSCANDO MILAGRES" con Celsiño Fndez. Sanmartín

• CONVERSAS, TOCATAS E ACORDEÓNS DIATÓNICOS

E ao que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!

 

Fonte: AGG

No Cómbaro no Pub Minueto

 
O sábado 29 de Maio, o Grupo de música tradicional  No Cómbaro actuará no Pub Minueto de Valdoviño.
 
 

 

Chistes e repichoca no pub Minuetto

 

Estrada de Castro

O pub de San Bartolo, na estrada de Castro, ofrece un plan con chistes e música para este sábado pola noite: un monólogo de Cristina Moreira e unha repichoca popular con Airiños do Campito e No Cómbaro.

 

 

Foliada das Pontes

 
 (34) Foliada de Maio 2010 (34)
 
 

¡Xa imos na Foliada 34!

 

Os Trevillas xunto as Cantareiras de Alende, tócalles rematar as Foliadas de Esta temporada.

Os Trevillas é o grupo pontes con mais anos de experiencia na música tradicional, levan 15 anos "mallando" e hai Trevillas para rato.

Para mais información pincha aquí

 

As Cantareiras de Alende serán as responsables de pechar as Foliadas esta temporada.

XXI Concurso de Música da Asociación Cultural Xacarandaina

 
 

XXI Concurso de Música da Asociación Cultural Xacarandaina

 

O gaiteiro Freixo, será homenaxeado no XXI Concurso de Música Tradicional da Asociación Cultural Xacarandaina, acto que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o domingo 23 de Maio.

 


Con motivo do XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Teatro Rosalía de Castro, se celebrará na Coruña o domingo día 23 de maio, en horario de tarde, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.

O acto dará comezo ás 16:00 da tarde e participarán no mesmo 35 grupos de pandeireteiras procedentes de toda Galicia: grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc.

Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional.

Concederanse 3 premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:

– CATEGORÍA A: ata 9 anos inclusive.

– CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos inclusive.

– CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos inclusive.

– CATEGORÍA D: de 18 anos en adiante.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e afinación e interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

* 1º PREMIO: trofeo e 250 €

* 2º PREMIO: trofeo e 150 €

* 3º PREMIO: trofeo

Finalízase o acto coa actuación do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina que actuará de exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios. Realizarase tamén unha homenaxe a Manuel Castro Fernández, coñecido como "Freixo", aldea na que naceu, preto das Pontes (A Coruña). Este home, aos seus 91 anos, continúa activo dentro do folclore galego, tocando en festas e romarías.

A venta de entradas está dispoñible na páxina web de Caixanova e no despacho de billetes da praza de Ourense, sendo o prezo das mesmas a 3 €.

 

20 Noites de Tasca

 
 

 

 

Os Feroces da Galgueira

 
 
A semente dun novo estilo de música tradicional

 

O grupo pontés Os Feroces dá Galgueira estreouse ante o público o pasado fin de seman.

 

Son cinco e acaban de pór en marcha un novo grupo, pero contan xa co apoio e a experiencia do seu propio director musical, Xoán Carlos Rilo.

Miguel Ferreiro (bombo-prato); Sara López (gaita); Luis Pita (tamboril); Marcos Freire (gaita) e Carolina Leal (gaita) puñan os cimentos dos Feroces dá Galgueira o pasado verán, pero foi o pasado sábado no auditorio municipal Alovi cando presentaban os seus temas ante o público pontés. «Foi unmomento moi bonito, sobre todo porque ao haber pon che festiva non contabamos con que houbera moita xente. Finalmente, tivemos un aforamento digno, uns 3/4 de capacidade. Tocamos doce pezas moi elaboradas e matizadas e tanto ou público como vos músicos quedamos moi satisfeitos polo resultado», explica Ferreiro.

O xerme desta nova formación que aposta, a pesar da mocidade dos seus integrantes, pola música galega chegou da man de Xoán Carlos Rilo quen tras estes primeiros meses de andaina, non dubida en valorar de forma moi positiva o traballo realizado. ¿A razón? «Estamos a empezar, pero vexo moitas gañas de aprender, hai moita motivación e ou ambiente de traballo é moi bo, a pesar de que ou sacrificio que hai que facer é moi grande», asegura.

Xente nova e música tradicional son os conceptos crave deste novo proxecto musical. Iso si, tal e como recoñece Freire, «é unha aposta pola música tradicional dun xeito evolucionado. Son pezas traballadas e ata certo punto arriscando con estruturas melódicas, engadimos un novo valor, tratamos de facer algo diferente dentro dunha corrente estandarizada».

Polo momento, e como materia pendente, o grupo ten en mente incorporar instrumentos que apoien esa filosofía como «ou cabaquiño, a mandola, caixas chinesas e tamén as voces». ¿E por que Os Feroces dá Galgueira? Pois porque segundo contou onte en Radio Voz a benjamina do grupo, Sara López, «a Galgueira é unha parte do monte que dá cara As Pontes e Feroces gustounos porque pensamos que lle outorga forza ao grupo».

 

Fonte: La Voz de Galicia

FULIADA AZOUGHADOS DE CHURÍO

 

FULIADA AZOUGHADOS DE CHURÍO

 
 
 
Estimados amigos queremos comunicarvos que Os Azoughados imos grabar a nosa 1ª maquetiña e para celebralo imos facer unha foliadiña á que si podedes gostariamos moito da vosa compaña , os que sodes de lonxe se queredes podedes traer a tendiña e acampar ( esperemos que chegue o anticiclón JJJ ).
Apertas.
 
 
 

15 aniversario de MuXareGa

 

 

OS FOLKIES PONTESES ESTÁN DE ANIVERSARIO

[El Progreso. Cristina Arias] Muxarega, unha das agrupacións con máis sona do concello, cumpre 15 anos de historia con deceas de actuacións sobre os escenarios. Os oito membros actuais, e os 18 que pasaron pola formación, protagonizarán un concerto homenaxe o 8 de maio no Auditorio Cine Alovi.

O 5 de maio de 1995 a formación pontesa Muxarega estreouse como grupo cun concerto no auditorio municipal Alovi.

Quince anos despois daquela data, o día 8 ás 20.00 horas, Muxarega volverá pisar o mesmo escenario para celebrar o seu aniversario, como non, cunha festa rachada a base de folk, porque quince anos dan moito que festexar e gardan moitos recordos que compartir.

Ó longo de todo este tempo pasaron polo grupo un total de 26 músicos, incluídos os oito actuais, que foron dando forma e vida á formación, que nunca deixou de tocar dende que empezou. «A ida e entrada da xente foi por goteo. Uns íanse entrelazando cos outros, sustituíndose pouco a pouco», a maneira na que o grupo foi fiando a súa historia.

Dende os seus inicios, Muxarega, que naceu a través dun grupo de amigos afeccionados á música, definiu o seu estilo apoiándose na música tradicional galega, pero co paso dos anos e as distintas influencias de cada membro foise renovando, aínda que sen perder nunca as súas orixes. Do folk máis instrumental, baseado en pezas do repertorio tradicional galego, Muxarega evolucionou cos anos: incorporou novos instrumentos (como a percusión latina, o baixo eléctrico ou a batería) e engadiu a voz ós seus temas. «Foise innovando. Comezou sendo moi tradicional e pouco a pouco fóronse engadindo cambios», explican os compoñentes actuais. «Ó principio non había voz e agora a maioría das pezas do repertorio son cantadas, primeiro basicamente con voces femininas e agora estanse a incorporar as masculinas», indican. Ademais, engaden: «Coa madurez do grupo os arranxos das pezas tradicionais comenzáronse a complicar e realizamos outras de composición propia, aínda que seguimos facendo versións».

«As ideas parten de todos. Traballamos en equipo», destacan, mentras subliñan que o gran mérito é que, quitando dous, todos son xente que non se adica á música de forma profesional e que o grupo é un ‘hobby’ para eles, afección á que destinan ó redor de dez horas semanais de ensaios.

No seu repertorio, un pouco de todo. Dende coplas tradicionais ata algún clásico do rock, pasando por cancións populares galegas que soaron xa en moreas de escenarios de toda Galicia e de fóra dela.

Así, xa formaron parte do cartel dos Irmandiños de Moeche, da Festa do Río Castro de Narahío, en San Sadurniño, do Mesoiro Rock&Folk da Coruña, tocaron no Festifolk de Mugardos, no Churruchao de Forcarei, en Guitiriz, Vilalba e incluso no pobo francés de Lesneven, en 1997, ó que voltarán este ano no mes de agosto. E claro está, na casa, no festival folk da Fraga. «É un dos concertos máis importantes, sobre todo por a posibilidade que tes de compartir escenario con grupos importantes como Wolfstone, La Botine Souriante, Kepa Junkera, Luar na Lubre ou Budiño», destacan.

Entre os soños por cumplir, tocar no Escenario Runas, de Ortigueira, no Festival de Pardiñas, e, por que non?, no Intercéltico de Lorient, en Francia, así como ter un local de ensaio propio, aínda que recoñecen que é difícil.

Compoñentes:

Actualmente integran Muxarega Paula Ramos (voz e percusión), Ana Ledo (gaita e percusión), Luis Pita (batería e percusións), Andrés Penabad (acordeón), Roberto Ferreiro (banjo e mandolina), Miguel Ferreiro (guitarra acústica e bouzuki), Carolina Leal (gaita e frauta traveseira) e Iago Pena (baixo eléctrico).

Ningún deles é do grupo de fundadores, sen embargo, algúns como Paula, Roberto e Miguel, levan 11 anos tocando en Muxarega.

Pola formación pasaron outros moitos músicos das Pontes, parte da historia de Muxarega: Manolo Seijo, Buli García, Suki Rodríguez, Pepe Fresco, Vero López, Hugo L. Arias, Xurxo Iglesias, Sandra Bellas, David Cabarcos, Jorge Cebreiro, Javier Gastañaduy, Adán Veiga, Lito Bermúdez, José Castro, Rubén Morandeira, Ana Seijo e Vanesa Villasuso.

O primeiro disco a punto e con data para 20 actuacións:

Muxarega non perde forza co tempo, senón todo o contrario. Cun disco gravado e a punto de saír á rúa, o grupo estréase no mercado. O CD terá 12 pezas que inclúen varias tradicionais, propias e tres de autor (unha de Xurxo Iglesias, que foi membro de Muxarega e actualmente bouzukista da banda de Susana Seivane; e dúas do gaiteiro Xoán Carlos Rilo, afincado nas Pontes). O disco, que gravaron nos estudios Mans da Coruña, venderase nos concertos e en establecementos das Pontes e Vilalba. Sairán 1.000 unidades.

Ademais, no verán sacarán á venda 500 camisetas do grupo.

No que vai de ano, realizaron 5 concertos (dous en Vilalba, dous nas Pontes e un en Paderne) no tempo que quedou trala gravación do disco.

Para os próximos meses, teñen 15 actuacións. A primeira será o concerto aniversario, no auditorio pontés Alovi o día 8 de maio. O 28 viaxarán a Cambre e o 29 ó Pub A Xanela, en Vilalba.

En xuño, o 12 estarán no Pub Palique (As Pontes), o 18 no Milladoiro Folk de Ames e o 19 no Festifolk Mugardos.

En xullo, o 3 irán ó Festival Salto ó Castelo de Vimianzo, o 17 ó Festival Folk de Tordoia, o 18 o Festival Folk de Oleiros e o 24 será o turno de xogar na casa, no Festival Folk A Fraga.

Agosto comezará cunha actuación o 14 na Casa de Galicia de Guipúzcoa (San Sebastián) e entre o 18 e o 23 teñen confirmadas dúas actuacións na Bretaña francesa. Ademais, o 29 tocarán na Festa do Requeixo, da Capela, como teloneiros de Luar na Lubre.

E o 9 de setembro tocarán na Festa de San Pipote en Bardaos (San Sadurniño).

Ademais, de cara o próximo no inverno, teñen previsto realizar concertos didácticos en colexios de As Pontes, Somozas e Xermade.

Formación actual

V Serán do Mar de Rianxo

 
 
 
 
Seguen as inscricións para o V Serán do Mar de Rianxo.

Lembrade: será o 8 de maio a partir das 20 h. no Campo de Arriba de Rianxo. Unha noite de encontro e festa arredor da nosa música e baile tradicional no que non faltarán alimentos para repoñer as frozas dos bailadores e bailadoras. Agardamos senón hai novidade podelo celebrar ao aire libre, no Campo, a rentes do Concello. Sen embargo está reservada a lonxa (grazas Confraría de Pescadores) por se chove.

Entre outros grupos de gaitas e pandeireteiras están confirmados:

Gaiteiros de Liñares
Os Campantes da Baña
Novas amistades de Nespereira
As Anduriñas de Pazos de Borbén
O Lecer de Pazos de Borbén
Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón
Pandeireteiras d´A Ermida
Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén
As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)
Pandeireteiras de Regodobargo
Pandereteiras Aleivosía de Rianxo (asoc. Fogo Fátuo)
Grupo de pandeireteiras Lumieira de Boiro
Gaiteiros Millo Verde
Pandeireteiras A Liorna de Negreira
Pandereteiras de Limiñoa
Pandereteiras de Numide
Pandereteiras de Anxeriz
O gaiteiro Flor da Maquía
Os atrevidos do Carballal
Panderereiras da Herba Verde de Laxoso
Pandereteiras de Santiago de Oliveira de Ponteareas
Grupo infantil Teixedal do Colexio Castelao de Rianxo

 
%d bloggers like this: