XXI Concurso de Música da Asociación Cultural Xacarandaina

 
 

XXI Concurso de Música da Asociación Cultural Xacarandaina

 

O gaiteiro Freixo, será homenaxeado no XXI Concurso de Música Tradicional da Asociación Cultural Xacarandaina, acto que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o domingo 23 de Maio.

 


Con motivo do XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Teatro Rosalía de Castro, se celebrará na Coruña o domingo día 23 de maio, en horario de tarde, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.

O acto dará comezo ás 16:00 da tarde e participarán no mesmo 35 grupos de pandeireteiras procedentes de toda Galicia: grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc.

Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional.

Concederanse 3 premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:

– CATEGORÍA A: ata 9 anos inclusive.

– CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos inclusive.

– CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos inclusive.

– CATEGORÍA D: de 18 anos en adiante.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e afinación e interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

* 1º PREMIO: trofeo e 250 €

* 2º PREMIO: trofeo e 150 €

* 3º PREMIO: trofeo

Finalízase o acto coa actuación do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina que actuará de exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios. Realizarase tamén unha homenaxe a Manuel Castro Fernández, coñecido como "Freixo", aldea na que naceu, preto das Pontes (A Coruña). Este home, aos seus 91 anos, continúa activo dentro do folclore galego, tocando en festas e romarías.

A venta de entradas está dispoñible na páxina web de Caixanova e no despacho de billetes da praza de Ourense, sendo o prezo das mesmas a 3 €.

 

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 21 Maio, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: