Monthly Archives: Xuño 2010
Foliada na Capela
“Airiños da Capela” organiza o vindeiro sabado día 3 de xullo, unha FOLIADA no Mesón “O Pazo”, na que actuarán a AGRUPACIÓN CASTROSÚA de Santiago de Compostela, e o grupo pontes NO COMBARO. Será a partir das 10 da noite en O Pazo – A Capela.
IX FESTA RACHADA DA BAÑA
O xantar desenvólvese como as tradicionais romarías, onde cada quen monta a súa "merenda" pois é unha parte importante para nós a recuperacion deste tipo de festas.
Nesta festa o contacto dos gaiteiros co publico é total, pois os grupos tocan entre a xente, facendo moito mais participativa a súa actuación.
Despois de xantar e ó remate das actuacións, hai foliada ata que o corpo aguante.
non hai escenarios, nin carpas, nin megafonias… porque a festa facémola todos¡¡¡¡
E tamén á noitiña farémo-lo prendido das candeas que colgan de tódalas árbores do campo.
Anímate e ven pasar un dia pra recordar con nós.
Subida os Caneiros en Barco
- Raquel
- Chente
- Xiana
- Chema
- Aurora
- Manolo
- Carlos
- Mari Carmén
- Loliño
- Pepiño de Rosalía
- Richar
- Bieito Rivas
- Ana
- Ribeira
- Aladino
- Justo
- Pepe
Este será o barco que nos subirá os Caneiros
Tapeo a bordo
Vista da subida polo Mandeo
Para despois de comer… o millor, unha bailada
Embarcando para voltar
Noites de Tasca
www.osviqueiras.com
Tfn. 639 68 60 27
Foliada en Cecebre
Os GAITEIROS DE CECEBRE queremos festexar a tempada estival con todos os nosos amigos, é por isto que organizamos unha nova FOLIADA no Mesón-Cervecería-Restaurante "TÍA PEPA", unha fermosa, realmente pintoresca e ampla ubicación hostelera para gozarmos da Nosa Música e Bailador@s, para disfrutar de novo da FESTA RACHADA.
Desexando gozar unha vez máis da vosa compaña e participación: ¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS UNHA NOVA NOITE DE FOLIADA E AMIZADE!.
¡¡¡LUME AÍ!!!
*ENDEREZO "TÍA PEPA": Castelo, 35. Osedo-Sada (A Coruña). (Na beira da estrada Oleiros-Sada, ou Sada-Oleiros, segundo vexades).
DISPONSE DE:
– APARCADOIROS, EXTERIOR E INTERIOR.
– ÁREA DE RECREO INFANTIL.
FIN DE CURSO EEMM DE BAILE E MUSICA TRADICIONAL
FIN DE CURSO 09-10
Escolas municipais de música e baile tradicional de As PontesAs Escolas de música e baile tradicional de As Pontes rematan a temporada co festibal de fin de curso, o cal terá lugar no cine Alovi o día 18 de Xuño as 19:00 horas.As clases foron impartidas po los mestr@s: Román, Zaira, Belén e Jorge nas modalidades de: gaita, percusión, baile, pandeireta, canto e acordeón respectivamente.
Gravación do disco de Freixo
Deixémonos de gaitas
Deixémonos de gaitas (da Deputación)
A finais do século XIX e principios do XX houbo en Galiza unha xeración de extraordinarios gaiteiros cunha técnica musical esmerada (o tocar pechado) que hoxe ficarían arrepiados co son das gaitas da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, co ronco erecto que non ten a gravidade do noso ronco, e sen a graza especial da afinación do noso ronquete, os seus modernos tambores marciais de batucada antipática e os seus traxes negros vai ti a saber por quen deseñados.
Avelino Cachafeiro, Perfecto Feixóo, Xan de Campañó, Breixo, Santalices ou Bellón, e máis recentemente os meus admirados e insuperables irmáns Garceiras, de Melide, os que mellor sabían mollar a palleta, ficarían apampados e moi tristes ao verse representados por esa gaiteiría cibernética.
Eu son consciente desde hai décadas que as Deputacións non serven para nada, que son unhas institucións absurdas onde se seguen a cociñar o caciqueo e os favores. Fraga Iribarne, partidario desde sempre dun partido único e posteriormente, cando tivo que asumir a democracia, de dous, foi o promotor desta escola de gaita militar, como a el lle gusta, e aí segue pervivindo, "representando a Galiza".
Así como existe a figura do Defensor do Pobo, imprescindible figura, debería existir a do Defensor Etnográfico, que velase contra a deturpación da nosa identidade. Eu vivo desde hai oito anos nunha terra situada á beira do Atlántico Aberto, gobernada por un alcalde que dixo públicamente que non casaría nunca maricóns e que, polo tanto, non casaría aos homosexuais do seu propio partido, algúns dos cales, con todo o dereito do mundo, nun dos logros máis humanos desta democracia, dirixen importantes sectores da administración galega. El chámalle maricóns aos homosexuais, e di que os petroglifos son cousas vellas, e que máis dá un pedrolo antigo crebado cando o que hai que facer é mirar cara ao futuro. Lémbrame a outro alcalde dunha comarca próxima que chegou dicir que Grecia non estaba mal pero que na Acrópole había demasiadas ruínas.
Todo isto faime pensar que esa figura do Defensor Etnográfico debería ser radicalmente inflexible á hora de determinar quen se está cargando o patrimonio cultural deste país, quen o está disolvendo con estéticas importadas ou quen é capaz, con perdón, de cagar enriba dun petroglifo, e aplicarlle con rigor todo o peso da Lei.
Fonte: Faro de Vigo