COMUNICADO DO COLECTIVO EN DEFENSA DA GAITA

  A REAL BANDA NON NOS REPRESENTA
 
O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere de novo manifestar a súa total indignación e malestar ante o que está a contecer coa serie de novas publicadas en distintos medios de comunicación con relación a última xira da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense por terras chinesas, onde participou representando, segundo din eles, aos galegos dentro da Semana de Galicia da Expo Universal de Shanghái á conta de todos nós. É un erro moi grave e unha falta de respecto dicir nestas novas que a instrumentación e estética que emprega esta formación é galega e que os traxes e a súa música representan a nosa cultura. Simplemente temos que observar un pouco a agrupacións deste tipo para decatarnos que son todo menos galegas. Levamos anos e anos sendo partícipes desta gran farsa, desta manipulación total e absoluta por parte de Xosé Lois Foxo (Director desta agrupación e da Escola de Gaitas ourensá) e de tódolos organismos públicos e privados (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Caixa Galicia, Caixanova, etc.) que apoian esta copia mal feita do modelo escocés nas bandas de gaitas e que presumen de defender a nosa terra. Xa vemos. E máis cando institucionalmente esta agrupación presume de representar a Galicia co beneplácito dos nosos gobernantes. Porque o Señor Foxo sabe de sobra e é consciente de todo o dano que está a facer. E ese máis que repetido argumento de que hai que evolucionar cae polo seu propio peso porque o que se está a facer é copiar directamente: gaitas cos roncos cara arriba (imitando ás escocesas), bastón de mando militar, tambores e bombos de alta tensión (os mesmos que os das bandas escocesas), pezas manipuladas ao seu antollo, malabarismos e desfiles espectaculares. Todo moi galego segundo eles. O CDG limítase a informar e concienciar á cidadanía desta inxusta situación que estamos a vivir na nosa música dende hai xa case vinte anos. Esta confusión fai que o pobo asuma como propio algo que non é de aquí. E o máis triste é, sen dúbida, que os espectadores que presenciaron á Real Banda neses concertos pensan que a música galega é así e identifican iso como o que non é. Lamentable e vengoñento. Basta xa de mentiras e enganos.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)

 
Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 3 Xuño, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: