Monthly Archives: Setembro 2010

XXII XUNTANZA DE GAITEIROS 2010 (FENE)

 

 

Benquerido/a amigo/a:

 

  

O vindeiro sábado día 02 de outubro de 2010 a partir das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

 

Nesta XXII Xuntanza homenaxearemos ó Real Coro “Toxos e Froles”, unha entidade de Ferrolterra.

 

O Real Coro “Toxos e Froles” é unha entidade da nosa bisbarra fundada en 1915 e decana dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha asociación da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos.

 

O “Toxos”, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un referente, no que á nosa música se refire, e que se destacou e destaca polo seu traballo, mesmo en momentos moi difíciles, a prol da nosa cultura. O “Toxos e Froles” ó longo dos seus 95 anos de historia recuperou, gardou e espallou ao longo de medio mundo a nosa música popular.

 

Nesta XXII Xuntanza de Gaiteiros contaremos coa participación de “Cántigas da Terra”, Real Coro “Toxos e Froles”  e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Pedro Blanco.

 

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 02 de outubro as 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, así como na merecida homenaxe ao Real Coro “Toxos e Froles”

 

 

Un saúdo

 

 

  

 

Banda de Gaitas Tradicional

       “Airiños de Fene”

 

 

“NOITES DE TASCA” en Vilamaior (Ordes)

 
Tralo verán volvemos ca 3ª tempada das "Noites de Tasca" que este ano percorrerán a comarca de Ordes o primeiro venres de cada mes.
 
Comezamos este venres cun convidado de excepción: FAUSTINO SEOANE, Gaiteiro de Sta. María de Arzúa, que sorprenderá a todos cómo toca a gaita en plena forma aos seus 84 anos.
Logo coma sempre, FOLIADA  e, como novedade, empezamos cun Concurso de Aturuxos no que cada mes irán quedando varios clasificados e mais adiante haberá unha final onde se elixirá ao "Mellor botador de aturuxos das Noites de Tasca".
 
 

VIDE TOCAR E ATURUXAR CON NÓS!

No Cómbaro Foliada de Setembro 2010

Vídeo NoCómbaro
 
  

Foliada no Lar

 35 Foliada no Lar

 
Empezamos nova temporada de Foliadas no Lar (As Pontes). O vindeiro venres, día 24 de Setembro. Será a número 35 dende o seu comezo en Marzo do 2006. Esto non sería posible sen a colavoración de toda a xente que participa, tanto músicos, como o resto de asistentes, e tampouco chegaría ata aquí sen os seus patrocinadores: O Grupo de Empresa Endesa e a Cafetería Lar. Dende a organización graciñas a todos e a todas.
 
Argallado e organizado por os seguintes grupos de Música Tradicional das Pontes: Os Suplentes.Os Trevillas.Escola Municipal de Música e Baile Tradicional.Pandereteiras de Alende.Cana Vella.Axóuxere.Muxarega.No Cómbaro.Os Feroces da Galgueira.
 
Pois o venres 24 teremos de anfitrions de este mes o grupo local No Cómbaro coa súa "Música de Taberna" e de prato forte unha recente formación co nome de Espadana Gaiteiros pero con compoñentes históricos e de sobra coñecidos por todos.
 
 

 

 

Cántigas da Terra No Lar (As Pontes)

 

Sábado, 25 de Setembro as 20:00 no Lar

Despois de moitos anos sin velos por aquí, temos a oportunidade de poder ver en directo o Histórico Coro da Coruña "Cántigas da Terra", levan mais de 90 anos espallando a música tradicional galega por todo o mundo.

Organizado por Muxarega e patrocinado polo Grupo de Empresa Endesa e a Diputación da Coruña

 

Na actualidade o Laureado Coro CÁNTIGAS DA TERRA consta de corenta voces mixtas, corpo de baile, grupo de gaitas e percusión e escolas de tódalas disciplinas que tentan continuar a liña que iniciaran os fundadores do coro, mantendo vivo o espírito que foi o xermolo, no ano 1916, de Cántigas da Terra.
 

Formación actual

 

   

Recente actuación do Coro en Lorient

Primeiro videoclip de Noitarega

 
 
 
 

Randulfa 2010

 

%d bloggers like this: