XXII XUNTANZA DE GAITEIROS 2010 (FENE)

 

 

Benquerido/a amigo/a:

 

  

O vindeiro sábado día 02 de outubro de 2010 a partir das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

 

Nesta XXII Xuntanza homenaxearemos ó Real Coro “Toxos e Froles”, unha entidade de Ferrolterra.

 

O Real Coro “Toxos e Froles” é unha entidade da nosa bisbarra fundada en 1915 e decana dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha asociación da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos.

 

O “Toxos”, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un referente, no que á nosa música se refire, e que se destacou e destaca polo seu traballo, mesmo en momentos moi difíciles, a prol da nosa cultura. O “Toxos e Froles” ó longo dos seus 95 anos de historia recuperou, gardou e espallou ao longo de medio mundo a nosa música popular.

 

Nesta XXII Xuntanza de Gaiteiros contaremos coa participación de “Cántigas da Terra”, Real Coro “Toxos e Froles”  e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Pedro Blanco.

 

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 02 de outubro as 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, así como na merecida homenaxe ao Real Coro “Toxos e Froles”

 

 

Un saúdo

 

 

  

 

Banda de Gaitas Tradicional

       “Airiños de Fene”

 

 

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 29 Setembro, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: