Monthly Archives: Outubro 2010

FESTIVAL DE CANTAREIRAS 2010

 

A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, conxuntamente coa Asociación ALEN DE ANCOS – Grupo de Música Folk-, ven de organizar un Festival de CANTAREIRAS.

 Celebrarase o vindeiro sábado 30 de octubre, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester as 20,00 h.

 

 

Participarán, Agrupacións representativas do noso Folklore, como son:

 

Cantareiras ARUME de Carballo.- Pertenecen a Asociación Xuvenil de Berdillo en Carballo que naceo no ano 1985 co obxetivo de promover o asociacionismo xuvenil no medio rural. Dentro da Asociación o Grupo de Cantareiras ten un lugar destacado, interpretando múscias e cántigas tradicionais recollidas polo grupo en toda Galicia, revivindo  e mantendo a tradición musical. Ten participado en Festivais e Concursos, recibindo diversos galardons e premios.

 

 

 Cantareiras da S.C.R. O CASTRO de Miño.-  A Sociedad naceu no ano 1981, que  ademais dos grupos de Baile, Gaita e Cantareiras, tamén teñen unha Rondalla e unha Masa Coral. No ano 1997 formouse o grupo de Cantareiras, comenzando a recoller pezas pola comarca e por toda Galicia. Ten un amplio repertorio de pezas e Traxes que mostran nas suas actuacións, e premios recollidos como son os 1º Premios obtidos no Concurso de Música Tradicional de Cantigas e Agrarimos e no Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela.

  

     Cantareiras ALGARABIA da AA.VV. de Lago.- O Grupo formouse na Escola de Baile e Música Tradicional Alvaro Cunqueiro, perteneciente a AA.VV.  Santiago Apostol de lago, no concello de Valdoviño. Esta escola de baile comenza a súa andaina no ano 1981, sendo no ano 2000 cando nace o grupo de Cantareiras Algarabia, formado por rapazas  comprendidas entre os 12 e os 19 anos, que dende un par de anos actúa con identidade propia, tendo as suas propias actuacións coma Grupo de Cantareiras.

 Coa participación das Cantareiras Algarbía, queremos dar un pulo as Agrupacións que traballando dende a base, manteñen vivo o noso Folklore na comarca de Ferrolterra.

 Esperamos a vosa presencia no Festival, e que sexa do voso agrado.

 O Festival de Cantareiras faixe posible gracias a Colaboracion do Concello de Ferrol – Cultura, e O Convenio de Actuacións da Diputación de A Coruña.

 

Advertisements

Foliada nas Pontes

36 Foliada no Lar (As Pontes)

O venres, a partir das 22:30 temos unha cita no Lar.

Música Tradicional ao vivo, despois das actuacións programadas, hai sempre sitio para a música expontanea, e é esta a que mais nos sorprende cada derradeiro venres de mes pola boa calidade dos intérpretes que nos visitan.

Este mes os anfitrións serán Canavella e contan cos invitados: Ronsel do Ortegal é Alfaia das Campeiras.

 

Crise…..Despidos…..Paro…..Peches…..Concentracións….Folgas………..   ÁNIMO COOOÑO  ¡¡AS PONTES VIVE!!

 

 

Samaín no Cruceiro de Feñas

 

 

Mais información en: O Cruceiro de Feás

Repichoca no Mesón de tony

 Venres, 5 de Novembro
 

 

Mourela Alta Nº 6 (Neda)

Decreto do carbón

 

Foliada de Difuntos en Cecebre

 

 
A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando unha nova FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da…DATA DE DIFUNTOS…

             ^..^               ^..^                ^..^                  ^..^                 ^..^                 ^..^                ^..^               ^..^         

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile… AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO… 😉

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.

*DATA: Domingo, 31 de Outubro ás 23:01 h.

* LUGAR: Cervexería COLISEUM -baixos da Casa da Xuventude de Cecebre- . R/ Lugar de Frais,33 . San Salvador de Cecebre (Cambre-A Coruña).

*NOTAS:
-Na cervexería COLISEUM proxectarase en pantalla xigante a emisión do partido de fútbol que precede o comezo desta festa.

-Disponse de APARCADOIROS.

I Xornada de música e baile tradicional de Eirís

I Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Comezamos as Xornadas de música e baile de Eirís.

Facémolo con un curso de percusión tradicional que será impartido por Marcos Pérez Saburido (Ourense) o vindeiro 24 de Outubro de 2010.

Este curso será en dúas partes, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Haberá límite de prazas.

Marcos Pérez Saburido (Ourense), autodidacta a maior parte da súa vida, é membro da agrupación Castro Floxo, do cuarteto Redea Solta (xunto con Óscar Ibañez, Pablo Devigo…), do grupo ourensán Coanhadeira e tamén acompaña a gaiteiros como Pablo Devigo en concursos de gaita solista. Premios como o Ricardo Portela 2006, o Memorial Manuel Villanueva 2007 ou Gaiteiro de Soutelo 2007 avalan a súa traxectoria, así como o Concurso de Cuartetos de Ponteareas 2010, o pasado 19 de Setembro. Imparte clases en distintos concellos.

Toda a información en:

http://www.xornadaseiris.blogspot.com/

%d bloggers like this: