Monthly Archives: Novembro 2010

I Foliada no Cruceiro de Feás

Eiqui estamos de novo dende O cruceiro montando festa , nesta ocasión , acompañanos o grupo de gaitas Alén do Mar e as cantareiras de Bailadela.

Comezaremos a partíres das 22:30 ate que nos teñamos de pé.
Esperamosvos ¡¡¡
 

23ª Noite de Tasca

 

 “23ª Noite de Tasca” con Magosto  en Cabrui (Mesía)
 
A partir das 21:30 h no Local Social de Cabrui:  MAGOSTO POPULAR
Coa presenza do Coro da FWFF: “ARUMES DA FRAGA”, de Cecebre.
Despois FOLIADA e a 3ª eliminatoria do Concurso de ATURUXOS.
Vide tocar con nós!

37 Foliada nas Pontes

O Grupo de Música Tradicional Pontés Os Suplentes seran  os anfitrións para a Foliada de este mes, ademais da súa actuación, tamén contan coa colavoración de unha parella de zanfonas de nome Bicarelo que nos traeran de seguro un interesante repertorio. Hai una pequena sorpresa con música moi apropiada para bailar e interpretada con saxo e acordeón po lo dúo Xeración 27-80.

XVII Encontros na Terra Chá

Arredor de
Xosé Manuel Seivane

Inauguración do Edificio Xosé Manuel Seivane na Pastoriza (Lugo)

sábado, 20 novembro de 2010
  • ás 12:00 na Casa da Cultura: táboa redonda
  • ás 14:00 inauguración do edificio “Xosé Manuel Seivane”
  • ás 14:30 xantar de irmandade e festa de música tradicional

info.: 646 413 890
xermolos@xermolos.org


I Foliada Galeón Vikingo (malo será)

O 13 de Novembro en Catoira

 

NON VOS OLVIDEDES ESTE SABADO DA FOLIADA ¡MALO SERA ¡… A PARTIR DAS 9.3O DA NOITE POLA CHOIVA NON VOS PREOCUPEDES TEMOS CARPA ,,, VEMONOS UN SAUDO …………-

Santa Icía 2010

 

Os músicos ponteses adican Santa Icía 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo”

 

Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo.

  O Concello de As Pontes e a empresa Endesa volven patrocinar este programa de actos nos que tomarán parte unha vintena de formacións musicais de todos os campos e ao que se sumarán formacións non pontesas e ata persoeiros vencellados ao mundo da música que impartirán distintos obradoiros e charlas.

 O vindeiro día 12 darán comezo os primeiros concertos coa actuación no auditorio municipal Alovi do grupo Odaiko Percussion Group, ás 21.00. O día 13 virá marcado polos primeiros festivais aínda que a xornada abrirase coa apertura do obradoiro de palletas que impartirá, na Casa Dopeso, o mestre Jaime Pena, dende as 10.00 horas.

 Tamén día 13 haberá música coa presentación da nova agrupación de colectivos musicais de As Pontes “Ruada” ou co festival que protagonizarán a Agrupación Coral Endesa – As Pontes, a Rondalla Vila de As Pontes e os grupos Canavella e os Suplentes, que comezará na Casa Dopeso ás 19.00 horas. Tamén se celebrará unha mesa redonda adicada á gaita con mestres da altura de Santiago Caneiro, Carolina Leal, Seivane ou Carlos Rilo.

 O domingo 14 celebrarase o segundo dos festivais de Santa Icía coa presenza da Agrupación Cultural Alende, Os Ponteses e a Banda de Música Xuvenil. Xa para o luns o protagonismo será para os alumnos do Conservatorio cun concerto na biblioteca municipal e que terá continuidade o día 16 pero xa noutro escenario: o centro social da terceira idade.

 O día 17 e novamente no centro da terceira idade terá lugar un concerto do grupo folk Muxarega e o 18 celebraraseun recital no auditorio municipal Alovi a cargo da Banda de Música do Conservatorio.

 Para o día 19 será posible ou desfrutar da música tradicional de Berros do Castro no Conservatorio ou ben bailar ao ritmo dos Jintony´s Son no guateque que terá lugar no Lar de Endesa, nesta mesma noite.

 O día 20 será a gran xornada de homenaxe a Freixo e que comezará cunha concentración de gaiteiros na Praza do Hospital para continuar co tradicional festival que, desta vez, estará amenizado polos Feroces da Galgueira, a Banda de Música de As Pontes, a Banda da Escola Municipal de Música Tradicional e os grupos Alfaia e No Cómbaro, festival e que servirá como recoñemento á importante traxectoria deste veterán gaiteiro.

 Na noite do día 20 terá lugar a cea popular que se celebrará no restaurante a Nova Ruta de Vilalba e para a que, ata o vindeiro día 17, é posible inscribirse na sucursal do Banco Pastor.

O día 21 abrirase cunha misa na igrexa parroquial que contará co acompañamento musical do Coro Parroquial e cun concerto no Conservatorio de Música, xa pola tarde, do pianista José Manuel Campello.

 O seu relevo o luns día 22 será para os alumnos dos cursos de iniciación do Conservatorio namentras que os derradeiros coletazos de Santa Icía 2010 serán cousa do grupo poético Alalá, que protagonizará o seu tradicional recital de outono, e o venres, 26 os grupos Os Suplentes e Xeración 27.80 que amenizarán a 37 Foliada que arrincará a hora de costume ( 22.30 horas) nas dependencias do Lar de Endesa.

Magosto no Bar Zeppelin

Magosto o venres, 5 de Novembro a partir das 21:00 horas no Bar Zeppelin con música ao vivo co grupo No Cómbaro.

Música Tradicional

22 NOITES DE TASCA

%d bloggers like this: