Santa Icía 2010

 

Os músicos ponteses adican Santa Icía 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo”

 

Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo.

  O Concello de As Pontes e a empresa Endesa volven patrocinar este programa de actos nos que tomarán parte unha vintena de formacións musicais de todos os campos e ao que se sumarán formacións non pontesas e ata persoeiros vencellados ao mundo da música que impartirán distintos obradoiros e charlas.

 O vindeiro día 12 darán comezo os primeiros concertos coa actuación no auditorio municipal Alovi do grupo Odaiko Percussion Group, ás 21.00. O día 13 virá marcado polos primeiros festivais aínda que a xornada abrirase coa apertura do obradoiro de palletas que impartirá, na Casa Dopeso, o mestre Jaime Pena, dende as 10.00 horas.

 Tamén día 13 haberá música coa presentación da nova agrupación de colectivos musicais de As Pontes “Ruada” ou co festival que protagonizarán a Agrupación Coral Endesa – As Pontes, a Rondalla Vila de As Pontes e os grupos Canavella e os Suplentes, que comezará na Casa Dopeso ás 19.00 horas. Tamén se celebrará unha mesa redonda adicada á gaita con mestres da altura de Santiago Caneiro, Carolina Leal, Seivane ou Carlos Rilo.

 O domingo 14 celebrarase o segundo dos festivais de Santa Icía coa presenza da Agrupación Cultural Alende, Os Ponteses e a Banda de Música Xuvenil. Xa para o luns o protagonismo será para os alumnos do Conservatorio cun concerto na biblioteca municipal e que terá continuidade o día 16 pero xa noutro escenario: o centro social da terceira idade.

 O día 17 e novamente no centro da terceira idade terá lugar un concerto do grupo folk Muxarega e o 18 celebraraseun recital no auditorio municipal Alovi a cargo da Banda de Música do Conservatorio.

 Para o día 19 será posible ou desfrutar da música tradicional de Berros do Castro no Conservatorio ou ben bailar ao ritmo dos Jintony´s Son no guateque que terá lugar no Lar de Endesa, nesta mesma noite.

 O día 20 será a gran xornada de homenaxe a Freixo e que comezará cunha concentración de gaiteiros na Praza do Hospital para continuar co tradicional festival que, desta vez, estará amenizado polos Feroces da Galgueira, a Banda de Música de As Pontes, a Banda da Escola Municipal de Música Tradicional e os grupos Alfaia e No Cómbaro, festival e que servirá como recoñemento á importante traxectoria deste veterán gaiteiro.

 Na noite do día 20 terá lugar a cea popular que se celebrará no restaurante a Nova Ruta de Vilalba e para a que, ata o vindeiro día 17, é posible inscribirse na sucursal do Banco Pastor.

O día 21 abrirase cunha misa na igrexa parroquial que contará co acompañamento musical do Coro Parroquial e cun concerto no Conservatorio de Música, xa pola tarde, do pianista José Manuel Campello.

 O seu relevo o luns día 22 será para os alumnos dos cursos de iniciación do Conservatorio namentras que os derradeiros coletazos de Santa Icía 2010 serán cousa do grupo poético Alalá, que protagonizará o seu tradicional recital de outono, e o venres, 26 os grupos Os Suplentes e Xeración 27.80 que amenizarán a 37 Foliada que arrincará a hora de costume ( 22.30 horas) nas dependencias do Lar de Endesa.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 9 Novembro, 2010, in Outros temas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: