Monthly Archives: Maio 2011

I Foliada da Lembranza – As Pontes

Foliada da Lembranza

 

Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.

 

O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un “chiringuito” onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e outros líquidos que nos axudarán a escorrentar as Meigas.

Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan”

“Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan”

Os grupos farán a partir das 19:00 horas un  pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo,

Os grupos participantes serán:

  1. Alende
  2. Alfaia
  3. Cana Vella
  4. Escola Municipal
  5. No Cómbaro
  6. O Gaiteiro Freixo
  7. Os Feroces da Galgueira
  8. Os Suplentes
  9. Os Trevillas

Aspecto do Auditorio da Casilla

Eles serán os responsables de poñer a xente a bailar a ritmo de xotas, muiñeiras e pasodobres. Esto supón, máis ou menos,  unha duración de catro horas, co cal remataría á 01:00 aprox., a partir de aquí quedaría o esceario a dispor de todos/as músicos/as asistentes que o soliciten, seguindo coa fórmula dos 20 minutos de actuación para que a festa non pare e poidan tocar todos os interesados.

As 12 da noite farase unha queimada popular con conxuro e incluido.

“A noite de San Xoán, o 24 de xuño,  é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada,  era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.”

Monolito da Praza da Lembranza en recordo das parroquias desaparecidas coa esplotación da Mina

 

 

Auditorio co lago de fondo

Advertisements

Foliada nas Pontes

 

.

Queremos Galego nas Pontes

Presentación disco dos Viqueiras

 

%d bloggers like this: