Monthly Archives: Xullo 2012

XXII Romaría Labrega da Chaira nos Vilares (Guitiriz)

No Cómbaro nos Vilares (Guitiriz)

Os Vilares volve acoller a tradicional Romaría Labrega da Chaira cun programa cheo de actividades.

Ademais dos concursos e dos xogos populares, cinco grupos musicais daranse cita na Carballeira do Cancelo os vindeiros 11 e 12 de agosto.

A Carballeira do Cancelo acollerá o 11 e o 12 de agosto unha das romarías con máis tradición na comarca: a Romaría Labrega da Chaira organizada pola Asociación de Veciños de Os Vilares, Guitiriz, que chega a súa vixésimo segunda edición neste 2012.

Serán cinco grupos musicais – Lumieira, Os Cuchufellos, Andaina, No Cómbaro e Os Novos Diplomáticos do Acordeón- os que amenicen a festa na que haberá numerosos concursos vinculados ao traballo da terra ou á calidade dos animais do campo ademais doutras probas e competicións.

A xornada do sábado arrincará co concurso-exposición de cans de raza e de vacas rubias e frisonas onde se premiarán os mellores exemplares. Así mesmo, pola tarde celebrarase unha xincana e unha carreira de cabalos; ademais do sorteo dunha novela de rubia gallega despois do pregón a cargo do xornalista Xosé Carreira Vázquez.

E entre as competicións deportivas, destaca a carreira popular – que xa conta con vinte e un anos de tradición- dividida en catro categorías de adultos que contarán con premios en metálico. Ademais, tamén haberá probas para os máis pequenos. E este ano, como novidades, incorpórase tamén unha carreira popular en bicicletas de montaña. Os interesados en participar nas probas deberanse inscribir en www.championchipnorte.com.

Os xogos populares tamén teñen cabida nesta festa. De feito, a romaría pequena contará con xogos para nenos e nenas coma o pano, tiro á corda ou carreiras de sacos.  Pola súa banda, os maiores terán a súa oportunidade o domingo pola tarde onde practicarán actividades coma o lanzamento do pau de ferro, carreira de caldeiros ou o lanzamentos de pucha.

Entre as numerosas actividades programadas destacan tamén o brilé nocturno de homes contra mulleres, o concurso de sega con gadaña ou as probas de habilidades con segadoras que repartirá 300 euros entre os participantes desta edición. Ademais, sortearase unha viaxe ás Illas Baleares para dúas persoas.

E para xantar, polbo e churrasco Ambos días servirase un xantar popular a base de polbo, churrasco, empanadas, pan e viño na Carballeira do  Cancelo.

___________________________________________________________________________________________

Pregón Festas do Carme e A Fraga 2012 (As Pontes)

O gaiteiro Freixo abriu as festas do Carme e a Fraga de As Pontes


Co pregón de Manuel Castro Fernández, popularmente coñecido como o gaiteiro “Freixo”, comezaron as festas patronais de As Pontes que rematarán o día 25, Día Nacional de Galicia, coa centenaria romaría da Fraga no parque de Dona Rita, á beira do río Eume.

O xa tradicional e emblemático pregón das festas pontesas iniciouno o alcalde da vila de García Rodríguez, Valentín González Formoso, quen enxalzou a figura de Freixo, un home bo que dedicou gran parte da súa vida á música tradicional galega. De seguido veu o pregón, que nesta ocasión non foi lido polo protagonista como veu sendo sempre, se non que foi un diálogo entre Freixo e o seu amigo, Hugo Arias. Entre os dous fixeron un repaso á vida deste popular gaiteiro.

Comezaron polo seu nacemento no lugar do Pedrón, na parroquia do Freixo, un 12 de setembro de 1918. Logo a súa infancia, o servizo militar e a Guerra Civil nas frontes de Asturias, Alcañiz e Toledo. Despois veu para o cuartel de Vilagarcía de Arousa, onde é nomeado Gaiteiro Oficial do Batallón. Ó rematar o servizo militar casou e entrou a traballar na mina. No seu tempo libre dedícase á música e ameniza festexos en diversos lugares da comarca. Nos anos sesenta funda xunto a Grandal, Fragachá e o Portugués o cuarteto Os Ponteses. Hoxe, a piques de cumprir os 94 anos, segue tocando e no 2010 gravou o seu primeiro disco.
Tralos aplausos do numeroso público asistente a este sinxelo e entrañable acto celebrado diante da Casa do Concello, Freixo, acompañado por Aurora e Hugo, tocou tres tradicionais pezas musicais, rematando o acto coa actuación da Banda de Gaitas da Escola Municipal.

 

.

 

XVI Lugnasad

Venres 3 de Agosto de 2.012

Un ano máis, nesta XVI edición da FESTA CELTA DO LUGNASAD, as mozas e mozos da ASOCIACIÓN XUVENIL AURUXEIRA, con axuda dalgunha Institución, empresas e colaboración de particulares, farán posible “viaxar” no tempo 2.500 anos atrás á máxica cultura dos nosos devanceiros Celtas Galaicos, e celebrar unha das principais festividades desta cultura: O Lugnasad.

Ao serán haberá pasarúas de gaiteiros da comarca e taller de elaboración de traxes celtas para nenos.

Concertos:

EULIANUna banda de 4 músicos procedentes de distintos estilos musicales que se unen para crear, interpretar y disfrutar de sus propias composiciones.

Con el tiempo, sus temas instrumentales se impregnan de la fusión de las distintas influencias de cada músico, mientras se crea en el grupo una filosofía musical propia en la que el proceso de creación y evolución musical se realizan siempre de forma conjunta. La música de Eulian no solo aporta originalidad, sino también una nueva forma de hacer y entender la música folk.

GÜINTERVAN

Ésta é a Historia de catro músicos profesionais que se xuntaron para tocar o que realmente lles gusta, ca idea a priori de levar o proxecto en paralelo ós outros proxectos musicais. Güintervan, automaticamente convirtese nun soño feito realidade: tocan o que queren e o público os quere. Disfrutan máis que nunca nos seus concertos.

A excéntrica mistura de melodias balcánicas, ritmos máxicos, harmonias infernais velocidade extrema e letras en galego é a seña de identidade do grupo.

SACHA NA HORTA

Sacha na horta son un grupo de mulleres da compostelá rúa das hortas que se presenta así: “sete da manhá. rúa das hortas. chego a casa enchoupada, pingando. deixo o sacho.a cabeça nom trabalha. pitan-me os oídos. uns mexilhóns apodrecen na cocinha. fede. hai gente a durmir no chan. entro no quarto. hai gente a durmir no meu quarto. almas en pena, coitadas, pelexas… volta a colher o sacho. a terra do sol precisa ser trabalhada. cada día. cada instante. cada quem. é veram. chove, pero aquí vai calor”.

Para mais información, olla aquí:

http://auruxeira.org/lugnasad

.

XXXIII Festival de Pardiñas

Sábado día 4

Bloquinho de Xermolos Galiza

Milesios Galiza

Coetus & Eliseu Parra Cataluña

Kepa Junkera euskadi

Quempallou Galiza

Cuchufellos Galiza

Domingo día 5

Tamborada Chotokoeu

Zurrumalla Galiza

Beltaine Polonia

Chotokoeu Galiza

.

XIX Festival Río Castro

 

%d bloggers like this: