Pregón Festas do Carme e A Fraga 2012 (As Pontes)

O gaiteiro Freixo abriu as festas do Carme e a Fraga de As Pontes


Co pregón de Manuel Castro Fernández, popularmente coñecido como o gaiteiro “Freixo”, comezaron as festas patronais de As Pontes que rematarán o día 25, Día Nacional de Galicia, coa centenaria romaría da Fraga no parque de Dona Rita, á beira do río Eume.

O xa tradicional e emblemático pregón das festas pontesas iniciouno o alcalde da vila de García Rodríguez, Valentín González Formoso, quen enxalzou a figura de Freixo, un home bo que dedicou gran parte da súa vida á música tradicional galega. De seguido veu o pregón, que nesta ocasión non foi lido polo protagonista como veu sendo sempre, se non que foi un diálogo entre Freixo e o seu amigo, Hugo Arias. Entre os dous fixeron un repaso á vida deste popular gaiteiro.

Comezaron polo seu nacemento no lugar do Pedrón, na parroquia do Freixo, un 12 de setembro de 1918. Logo a súa infancia, o servizo militar e a Guerra Civil nas frontes de Asturias, Alcañiz e Toledo. Despois veu para o cuartel de Vilagarcía de Arousa, onde é nomeado Gaiteiro Oficial do Batallón. Ó rematar o servizo militar casou e entrou a traballar na mina. No seu tempo libre dedícase á música e ameniza festexos en diversos lugares da comarca. Nos anos sesenta funda xunto a Grandal, Fragachá e o Portugués o cuarteto Os Ponteses. Hoxe, a piques de cumprir os 94 anos, segue tocando e no 2010 gravou o seu primeiro disco.
Tralos aplausos do numeroso público asistente a este sinxelo e entrañable acto celebrado diante da Casa do Concello, Freixo, acompañado por Aurora e Hugo, tocou tres tradicionais pezas musicais, rematando o acto coa actuación da Banda de Gaitas da Escola Municipal.

 

.

 

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 23 Xullo, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: