XXII Romaría Labrega da Chaira nos Vilares (Guitiriz)

No Cómbaro nos Vilares (Guitiriz)

Os Vilares volve acoller a tradicional Romaría Labrega da Chaira cun programa cheo de actividades.

Ademais dos concursos e dos xogos populares, cinco grupos musicais daranse cita na Carballeira do Cancelo os vindeiros 11 e 12 de agosto.

A Carballeira do Cancelo acollerá o 11 e o 12 de agosto unha das romarías con máis tradición na comarca: a Romaría Labrega da Chaira organizada pola Asociación de Veciños de Os Vilares, Guitiriz, que chega a súa vixésimo segunda edición neste 2012.

Serán cinco grupos musicais – Lumieira, Os Cuchufellos, Andaina, No Cómbaro e Os Novos Diplomáticos do Acordeón- os que amenicen a festa na que haberá numerosos concursos vinculados ao traballo da terra ou á calidade dos animais do campo ademais doutras probas e competicións.

A xornada do sábado arrincará co concurso-exposición de cans de raza e de vacas rubias e frisonas onde se premiarán os mellores exemplares. Así mesmo, pola tarde celebrarase unha xincana e unha carreira de cabalos; ademais do sorteo dunha novela de rubia gallega despois do pregón a cargo do xornalista Xosé Carreira Vázquez.

E entre as competicións deportivas, destaca a carreira popular – que xa conta con vinte e un anos de tradición- dividida en catro categorías de adultos que contarán con premios en metálico. Ademais, tamén haberá probas para os máis pequenos. E este ano, como novidades, incorpórase tamén unha carreira popular en bicicletas de montaña. Os interesados en participar nas probas deberanse inscribir en www.championchipnorte.com.

Os xogos populares tamén teñen cabida nesta festa. De feito, a romaría pequena contará con xogos para nenos e nenas coma o pano, tiro á corda ou carreiras de sacos.  Pola súa banda, os maiores terán a súa oportunidade o domingo pola tarde onde practicarán actividades coma o lanzamento do pau de ferro, carreira de caldeiros ou o lanzamentos de pucha.

Entre as numerosas actividades programadas destacan tamén o brilé nocturno de homes contra mulleres, o concurso de sega con gadaña ou as probas de habilidades con segadoras que repartirá 300 euros entre os participantes desta edición. Ademais, sortearase unha viaxe ás Illas Baleares para dúas persoas.

E para xantar, polbo e churrasco Ambos días servirase un xantar popular a base de polbo, churrasco, empanadas, pan e viño na Carballeira do  Cancelo.

___________________________________________________________________________________________

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 31 Xullo, 2012, in Concertos de No cómbaro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: