Monthly Archives: Agosto 2012

Buscan a un loro en Arteixo que asubia a muiñeira de Chantada

.
Arteixo
31 de agosto de 2012
Varios carteis na zona de Barrañán, en Arteixo, anuncian a desaparición do papagaio Antón . O paxaro desapareceu o pasado mércores por un descoido da súa dona. «Estabamos no salón e solteino un ratito. Mirei e vino na outra punta do cuarto, así que abrín un pouquiño a fiestra para darlle un recado a unha persoa que estaba abaixo, picoume a orella, pero cando me dei conta foise», explica Ana García. A propietaria do animal sinala que Antón , de raza yako, é un papagaio moi listo. «Asubiar a muiñeira de Chantada, varias rianxeiras e canta ??Dépor, Dépor??».

Ana sinala que, nestes dous anos e medio que leva con eles, colléronlle moito cariño e que non perden a esperanza de que alguén o localice. «Por se alguén o ve, dicir que é gris coa cola vermella, e fala moito».

 

A Voz de Galicia

 

.

Advertisements

Airiños da Capela

Airiños da Capela

San Pipote 2012 (Bardaos)

.

O San pipote ¡Impresionante!

.

Fotos de No Cómbaro

This slideshow requires JavaScript.

VII Festa da Randulfa (Agolada)

Gaitas no Sol Nacente

.

Un músico xaponés recolle en Ponteareas un instrumento calcado, por encargo propio, aos de Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño

Un home,  aparentemente xaponés, dun trinta anos de idade, activa unhas bases rítmicas  electrónicas. Agarra unha gaita, aparentemente galega, e arríncase con Aires de  Pontevedra, aquela peza armada polo gaiteiro Ricardo Portela a partir de antigas  melodías e que no seu día popularizou Milladoiro. O músico oriental chámase en  realidade Yuki Kojima e é efectivamente xaponés. A gaita é efectivamente galega.
O seu rastro pode seguirse en youtube, cuxo arquivo de imaxes garda o rexistro  de Kojima interpretando Alborada de Veiga, Muiñeira de Chao, Muiñeira de  Freixido, Muiñeira Nova ou Ti e máis eu, de Susana Seivane. Pero a última  noticia da súa relación con Galicia e a súa música tradicional sucedeu onte. O
gaiteiro xaponés viaxou até Ponteareas para recoller dous instrumentos  construídos no Obradoiro de Gaitas Gil. Read the rest of this entry

Certame Folk A Voz de Galicia (Compostela)

Hoxe martes 28 de agosto en Compostela
Carapaus, Saltanocribo, Pablo Seoane Grupo e Kérkennai encherán A Quintana de ritmo a partir das 19 horas

Cando aínda resoan os ecos do poderoso ruxido do Tigre de Gales, Tom Jones, na Quintana, a praza santiaguesa préstase de novo como escenario para o Certame Folk, un encontro musical organizado pola Voz de Galicia, Eurolingua, Grupo Brea e Multiusos Fontes do Sar que pretende pór en valor o rico patrimonio artístico da comunidade galega.

Para reivindicar os sons máis auténticos de Galicia os organizadores do evento, que está patrocinado polo Concello de Santiago, contan coa colaboración de cinco grupos que ao longo da tarde de hoxe demostrarán que a música tradicional e o folclore galego gozan de boa saúde. Carapaus, Saltanocribo, Pablo Seoane Grupo e Kérkennai encherán A Quintana de ritmo a partir das 19 horas, pero a festa no centro histórico comezará antes coa actuación da charanga O Recobio de Vaamonde, que a golpe de gaita será a encargada de caldear o ambiente e ir dirixindo a veciños e visitantes cara á praza, onde a partir das 17 horas poderase participar en diferentes talleres artesanais.
A creación de xoguetes tradicionais e as clases de baile galego, de percusión e de pandereita aseguran o entretemento para toda a familia antes dos concertos.

No Cómbaro no II Festival Tradicional de Cerdido

This slideshow requires JavaScript.

Read the rest of this entry

Os Revirados (O Malhao)

.

Os Revirados no Canto de Taberna en Espasante

 

.

II Xuntanza de Grupos Tradicionais (Cerdido)

¡Alí estaremos!

.

%d bloggers like this: