As Pontes inaugura o luns a praia do lago

O Concello organiza unha festa con actuacións musicais e rutas en globo

ANGEL MANSO
ANGEL MANSO

Tres meses despois da inauguración oficial do lago das Pontes, o Concello abre agora a praia que remata a «maior restauración ambiental realizada en España», segundo Endesa, propietaria do antigo xacemento de lignito, sepultado baixo unha superficie de auga de cinco quilómetros de longo e 2,5 de ancho.

Será, segundo as previsións, o vindeiro luns, día 20, cando se celebre o acto de apertura da praia de medio quilómetro de longo creada a beiras do lago, na zona máis próxima ao pobo, onde se envorcaron 90.000 toneladas de area.

Valentín González, alcalde pontés, informou de que a cerimonia inaugural terá lugar ás doce do mediodía, para dar paso a unha festa que dará comezo ás 18.00 horas. Haberá actuacións musicais a cargo dos grupos locais Muxarega, Escola municipal de gaitas, Banda municipal e Gin tonic song. Tamén se instalará unha zona de inchables e ofertaranse percorridos en globo aerostático para contemplar o lago desde as alturas.

No entanto, a administración local está pendente das últimas análises da auga embalsada que dean o visto e prace definitivo á apertura da praia.

 

Fonte: A Voz de Galicia

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 16 Agosto, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: