Gaitas no Sol Nacente

.

Un músico xaponés recolle en Ponteareas un instrumento calcado, por encargo propio, aos de Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño

Un home,  aparentemente xaponés, dun trinta anos de idade, activa unhas bases rítmicas  electrónicas. Agarra unha gaita, aparentemente galega, e arríncase con Aires de  Pontevedra, aquela peza armada polo gaiteiro Ricardo Portela a partir de antigas  melodías e que no seu día popularizou Milladoiro. O músico oriental chámase en  realidade Yuki Kojima e é efectivamente xaponés. A gaita é efectivamente galega.
O seu rastro pode seguirse en youtube, cuxo arquivo de imaxes garda o rexistro  de Kojima interpretando Alborada de Veiga, Muiñeira de Chao, Muiñeira de  Freixido, Muiñeira Nova ou Ti e máis eu, de Susana Seivane. Pero a última  noticia da súa relación con Galicia e a súa música tradicional sucedeu onte. O
gaiteiro xaponés viaxou até Ponteareas para recoller dous instrumentos  construídos no Obradoiro de Gaitas Gil.

Un correo electrónico, remitido  desde Xapón e recibido no taller de Ponteareas hai dous anos, preguntaba polas  ferramentas de Carlos Núñez e Xosé Manuel Budiño. Asinaba Yuki Kojima. Ao  principio pensamos que sería un fillo de emigrantes, pero enseguida vimos que o  seu nome era sospeitoso, explica risueño Xosé Manuel Gil. Kojima quería dúas  gaitas, calcadas ás dos seus ídolos. Perplexo, o artesán púxoo en antecedentes.
Núñez e Budiño utilizan materiais moi persoais. E caros. Non problema, respondeu  o cliente, escritor dun macarrónico inglés. Para el o importante eran os aneis  de prata, o punteiro de buxo, a cor do fol. Todo o que convertía a unha gaita en  idéntica á do autor da irmandade dás estrelas. Tras un ano intercambiando  correos, el pedía e pedía, e saturounos, relata Gil, plantámonos e pedímoslle  concrección. Por resposta, un conciso: Como teño que pagar o
adianto.

Unha gaita como as que pasean Núñez e Budiño pasa do catro mil  euros. O xaponés non tardou nin unha hora en facer o depósito. Outro ano máis  tarde, os irmáns Gil comunicáronlle que o pedido estaba rematado. Perfecto, o 27  de agosto estou aí para recollelo. Yuki Kojima apareceu onte en Ponteareas, onde
Budiño en persoa entregoulle o encargo. Non puido asistir Carlos Núñez, de xira  por Italia. E iso que a súa música abriu os oídos de Kojima ao folclore do
noroeste peninsular. A primeira vez que tiven noticia da música galega foi a  través da radio, relataba a xaponés vía e-mail o pasado venres, e grazas a
Carlos Núñez ou ao asturiano Hevia. A Rede e a súa función de memoria flotante e  global menciona a canle youtube e a tenda dixital iTunes, as disquerías que  aínda sobreviven en Xapón ou a banda sonora de Tales from the Earthsea filme de  animación baseado na literatura de ciencia ficción Ursula LeGuin tamén  conformaron o background galaico do gaiteiro xaponés.

O seu precario  inglés, e o descoñecemento do xaponés do xornalista, impiden a Kojima estenderse  sobre o seu amor pola expresión sonora de pequenas nacións a miles de  quilómetros físicos do seu país natal. E a outros tantos culturais. Pero si  enhebra unha serie de sentenzas concisas: Toco música celta. Amo as músicas  irlandesa, galega, escocesa, bretoa, todas. Encántame o son da gaita [bagpipe].  Amo o son da Gaita [en galego no orixinal]. Iso si, non comparte a súa paixón  con demasiados compatriotas. En concreto, calcula, son 10 persoas as que no país  do Sol Nacente sopran gaitas galegas.

Dez pero, a xulgar polo exemplo de  Kojima, con alto grao de dedicación. Cun santuario de gaiteiros no que  descansan, ademais, Xesús Vaamonde ou Daniel Bellón, Yuki Kojima plantouse no  último Festival Intercéltico de Lorient a principios de mes para observar as  evolucións sobre as táboas de Xosé Manuel Budiño. O xaponés presentouse ante el  ao acabar o concerto, conta o artesán Gil que lle contou Budiño, todo  cerimonioso, con esas reverencias que a nós nos resultan tan estrañas. Onte  volvéronse a atopar no obradoiro dos Gil. Alí recolleu o xaponés o seu novo  instrumento: unha gaita afinada en Do de granadillo, anillada en prata, con  terminacións imitando ao marfil, ronquillo, chillón, fundas para o fol en liño  branco e negro (as versións utilizadas por Budiño e Núñez) e outros dous  punteiros en Re e Se bemol (favorito de Budiño). Deica pouco haberá unha banda  de gaitas galegas en Tokyo, comendo polbo, chancea o construtor, porque son  xente moi disciplinada… fíxate co flamenco. E Kojima ten moi boa técnica, é un  gran músico.

Fonte: www.elpais.com

.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 30 Agosto, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: