Monthly Archives: Setembro 2012

35 Noites de Tasca

Xa está de volta ca 5ª tempada de “NOITES DE TASCA” que se celebran o primeiro venres de cada mes, de outubro ata xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes.

Esta 35ª edición terá lugar o venres día 5 na Ponte Carreira-Frades.
A partir das 21:30 h os gaiteiros farán un percorrido polos bares da zona:
A Coviña, O Noso Mesón, Vilariño e Xiada para logo xuntarse todos no cafe-bar O Taxista onde disfrutarán da actuación do grupo:
Leirabuxo Gaiteiros, de Melide (A Coruña)
Despois, FOLIADA para que participen todos os músicos e bailadores que o desexen.
.

XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene

(máis…)

Foliada de Setembro-12

This slideshow requires JavaScript.

94 Cumpreanos de Freixo

This slideshow requires JavaScript.

Foliada de Setembro 2012

O VINDEIRO VENRES 28 DE SETEMBRO VOLVEN AS FOLIADAS DO LAR

Read the rest of this entry

O Hexágono das Pontes estará listo o mes que vén

O edificio do Parque dá Fraga será a sede de cinco asociacións locais
O edificio poligonal coñecido popularmente como o Hexágono, nas Pontes, ten unha saída á vista despois de anos paralizado.

O Concello está a piques de culminar unha obra que se afrontou por fases e na que foi necesario refacer parte da construción, deteriorada por un longo período de abandono. Agora, explica o alcalde, Valentín García Formoso, está practicamente lista e o máis probable é que o mes que vén asínense os convenios coas entidades que usarán as instalacións e que poderán instalarse alí de modo inmediato.

Read the rest of this entry

Festa furancheira de outono en Picoña (Salceda de Caselas)

As festas de San Froilán incluirán o I Concurso do Traxe Tradicional


20/09/2012 – El Progreso Digital (Lugo)

O programa de San Froilán inclúe este ano o I Concurso do Traxe Tradicional no Domingo das Mozas, cunha serie de actos pensados para animar a todos os lucenses e visitantes a saír ás rúas co traxe tradicional galego.

”Queremos encher no Domingo das Mozas as rúas de Lugo de persoas vestidas co traxe galego”,  así o anunciou este xoves o tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao, durante a presentación do certame no que colabora a asociación Cantigas e Frores.

O edil explicou que haberá premios para os mellores traxes antigos e modernos, para agrupacións e traxes infantís. Ademais, todas as persoas que vaian vestidas co traxe galego o Domingo das Mozas poderán levar unha foto de recordo e recibir un agasallo.

O prazo para inscribirse no concurso xa está aberto. Toda a información necesaria para participar está dispoñible na web oficial das festas,

www.sanfroilan.info.

.

Festival Aspenizas Folk

.

.

Oscar Ibáñez – Alén do mar

OSCAR IBÁÑEZ – Alén do Mar

Oscar Ibáñez presenta o seu novo traballo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade , no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.

As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.

Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.

.

%d bloggers like this: