Deixounos Fito

Aparece morto no seu domicilio de Vigo Fito Domínguez, fundador da Roda.

Hai tan só unha semana falecera a súa muller.

Adolfo Domínguez Otero, popularmente coñecido como Fito, foi achado onte morto no seu domicilio de Vigo. O cantante das barbas longas fundou o grupo folclórico A Roda a mediados dos anos setenta no barrio vigués de Teis. Dáse a tráxica circunstancia de que fai tan só unha semana falecía a muller deste popular cantante.

Fito era un máis dos soldadores que traballaban nos estaleiros deste barrio vigués, onde se conservaba o costume de cantar nos bares, especialmente os domingos pola mañá. Aí foi onde naceu A Roda, con esa vocación de formación inclinada cara á vertente vocal do folclore galego. Pousa, pousa, Ou andar miudiño e Ou gato foron extraídas pola Roda dos ambientes tabernarios para acceder a todos os públicos a través das súas primeiras gravacións.

Voz varonil

Aquel primeiro disco, o máis vendido da discografía da Roda, era toda unha declaración de carpe diem. Naquela primeira formación, na que estaba Luis Vaamonde, irmán de Suso Vaamonde, sobresaía a voz varonil de Fito Domínguez. Un ano despois, o grupo era distinguido co Premio dá Crítica de Galicia polo seu labor a favor da normalización lingüística na área musical.

Co paso do tempo, Fito Domínguez foise facendo coas rendas do grupo, polo que pasou incluso un dos seus fillos. Tamén foi debido a Fito e á súa muller Fío o camiño que emprendeu o grupo cara á profesionalización, feito que provocou a renovación dos seus membros e que se introducisen máis instrumentos tocados por músicos profesionais. Todos os fins de semana deste pasado mes de agosto, A Roda estivo presente nalgunha das numerosas festas que se suceden en Galicia.

Escrito por:

J. L. VIGO / LA VOZ
03 de setembro de 2012
.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 3 Setembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: