San Froilán 2012

O Concello prepara un San Froilán lucense e con concertos gratuítos

Aumentará a animación na rúa para manter o «carácter popular»

O San Froilán deste ano será fundamentalmente lucense e con moita animación rueira. Son as liñas que onte adiantou o concelleiro de Cultura, o nacionalista Antón Bao, quen tamén matizou que todos os concertos que organice o Concello serán gratuítos, aínda que pode haber algunha entidade que prepare algún de pagamento. «Xa foi unha característica da pasada edición, pero este ano será aínda máis evidente: o tecido asociativo e os grupos e colectivos locais terán especial protagonismo nestas festas. Tamén haberá moita actividade de rúa para que o San Froilán manteña o seu ambiente e carácter popular», sinalou.

En canto ás actuacións musicais e espectáculos, o edil nacionalista non quixo facer ningún adianto: «Hai que actuar con prudencia e cautela para poder negociar e obter os mellores prezos». Tamén comentou que, ao coincidir os días 5 e 12 a venres, o groso das actividades concentrarase en dous fins de semana e nas súas vésperas.

Ademais, referiuse ás críticas do PP sobre a falta de reunións dos organizadores dos festexos: «A comisión de festas mantivo un encontro a finais de xuño e outro hai tan só uns días para ver as ofertas do concurso de iluminación e son».

La Voz de Galicia

.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 5 Setembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: