David Bellas García: ”A gaita mudou moito, abriuse o ámbito e o rexistro no que se toca”

Gaiteiro e profesor de gaita.

Cadernos de gaita’ é a primeira publicación do viveirense, na que recolle 24 estudos tonais para gaita de fol. A falta de material para traballar certos aspectos técnicos motivou que o autor fixese este libro destinado a gaiteiros con certo coñecemento sobre a técnica expandida.

A GAITA forma parte da vida de David Bellas dende que á idade de 8 anos comenzou na banda de gaitas O Son do Sor do Barqueiro. Tres anos máis tarde pasou a formar parte da agrupación do Barqueiro, coa que percorreu toda a xeografía do Estado, recibindo numerosos recoñecementos e varios premios da Liga Galega de Bandas de Gaitas e tamén en concursos. No ano 2003 fundou o cuarteto O Chupacabras, co que deu numerosos concertos e recibiu innumerables galardóns. Ademais de gaiteiro, no referido á música folk traballou activamente como saxofonista, compositor e arranxista. Agora, centrado na súa labor como profesor, presenta este libro como material para a docencia.

En que aspectos se centra esta publicación?

É un libro de estudos para traballar diversas cuestións técnicas. Os estudos están destinados a ser tocados

con gaita de fol soprano, entendendo por gaita soprano calquera entre Eb e Bb, sendo as máis frecuentes

na actualidade D, C e Bb. Están ordenados de forma cromática, expoñendo en primeiro lugar o modo maior

e seguindo polo menor de cada altura, facendo isto en tódalas tonalidades partindo de C e chegando ata B.

A quen está destinado o libro?

A gaiteiros con certo coñecemento sobre a denominada como técnica expandida, que comezou na gaita

con Paulo González.

En que partes se divide este proxecto?

Son 32 páxinas, con 24 estudos tonais, unhas notas previas e agradecementos. Ás veces hai libros que

son moi bos pero que non son prácticos á hora de traballar. Eu quixen eliminar o superfluo para que fora

unha ferramenta de traballo útil.

05/09/2012 – Belén G. Dovale / El Progreso (A Mariña)

.

Advertisements

About No Cómbaro

Música Tradicional

Posted on 6 Setembro, 2012, in Outros temas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: